VOX está a facer campaña hoxe en Xinzo

IMG_20190420_140915
VOX está a facer campaña hoxe en Xinzo

Begoña Conde candidata por Ourense, veu acompañada da nai do líder Abascal

A caravana de VOX aterrizou esta mañá na praza Maior de Xinzo para facer campaña e encontrarse con simpatizantes, como manifestou a candidata por Ourense, Begoña Conde que nesta ocasión para satisfacción do grupo veu acompañada de Isabel, súa irmá e a vez nai de Abascal, líder de VOX e candidato polo partido a presidencia do goberno.

MACEDA E XINZO

A comitiva viña de Maceda onde comezaron os actos de hoxe e rematará en Xinzo. Despois da presenza na súa carpa na praza,onde durante a maña o equipo de campaña entregaron o programa a todos aqueles que se acercaron a mesma, comerán nun restaurante da vila e pola tarde dedicaranse a pasear polo pobo, para que a xente poida coñecelos e recibir dos veciños e simpatizantes as súas inquedanzas para trasladalas ao Congreso.

VOX 2No es la primera vez que estamos en Xinzo, tenemos amigos en esta villa y la semana pasada ya mantuvimos una reunión con un colectivo en una céntrica cafetería de Xinzo. Queremos estar cerca de las personas para que nos conozcan de cerca, porque muchas veces se tiene una imagen distorsionada de las personas. Foron entre outras as declaracións da candidata por Ourense, que tamen dixo que en Xinzo teñen varios amigos.
Acompaña a candidata a súa xefa de prensa “Susi” que ten ascendentes en Soutelo, onde pasaba os veráns cos seus avós e agora trae aos seus fillos tamén a pasar días de estancia na casa que teñen seus país aínda no pobo

NON HABERÁ CANDIDATURA DE VOX EN XINZO PARA AS MUNICIPAIS, CONFIRMADO
A xefa de prensa confirmou aos medios que a formación VOX, non presentará candidato a alcaldía de Xinzo. Si a presentarán a Verín, pero non en Xinzo