"Xinzo sempre responde, a Limia sempre responde " comezou dicindo Manuel Baltar presidente do partido en Ourense

IMG_8403
"Xinzo sempre responde, a Limia sempre responde " comezou dicindo Manuel Baltar presidente do partido en Ourense

Manuel Baltar: “España necesita da nosa axuda e a respota está na papeleta do Partido Popular”

Cun aforo ata a bandeira, na Casa da Cultura, pasadas as sete da tarde subiu ao escenario o presidente de novas xeracións do PP, para agradecer a todos a presenza no acto electoral e presentar a continuación ao primeiro orador que foi Antonio Fernández -Toni-, candidato a alcadía de Xinzo, quen tamén agradeceu a todos a presenza enchendo unha vez máis o aforo para escoitar a os líderes políticos do partido e aos candidatos, neste caso candidata, amiga Ana Vázquez. Pero antes cedeulle o testigo a Daniel Blanco, suplente nas listas ao Senado.

Ana Vázquez, a cabeza de lista ao Congreso, afirmou que o Partido Popular de Ourense obterá a mellor representación nas cámaras “para traballar pola provincia e conseguir toda a axuda dun goberno popular”, poñendo como exemplo os preto de 400 mozos que se incorporaron ao campo en Galicia grazas ao apoio do executivo de Núñez Feijoó.

mitin pp 1“Os dirixentes do goberno están a poñer en risco un dos valores fundamentais dunha nación, a unidade, utilizando ás institucións ao seu antollo e poñendo en risco a economía e o emprego, por iso España necesita da nosa axuda e a resposta está na papeleta do Partido Popular”. O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, pediu hoxe o voto maioritario e unido da veciñanza nos mitines celebrados en Verín e Xinzo de Limia, onde tamén participaron os candidatos á alcaldía, Antonio Fernández e Juan Manuel Jiménez, respectivamente, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó.

Na zona agrogandeira máis importante da provincia, Manuel Baltar afirmou que os populares “somos a única formación que nos tomamos o rural en serio, porque o coñecemos e promocionamos con políticas concretas os seus excelentes produtos, como son coñecidos hoxe os da A limia e Monterrei”.

O presidente provincial puxo de relevo que o Partido Popular xa demostrou que sabe facer medrar a economía “como poderá facelo de novo con máis de 500 medidas “que teñen nomes e apelidos para Ourense, por iso 50 desas medidas son específicas para o rural e o sector agroalimentario”. Non obstante, dixo, “se queremos converter os nosos concellos nun lugar atractivo para vivirtamén temos que impulsar outras iniciativas”.

Así, citou o apoio ao termalismo, “que nos singulariza en España e en Europa”; a alta velocidade, “tamén pensada para achegar o resto de España ás nosas comarcas”; infraestruturas e servizos para os pobos, “como en calquera cidade”; e mailo Observatorio do rural, que impulsado desde a Deputación “nos axudará a estudar mercados, a competitividade, as perspectivas de emprego e proxectos de innovación no campo ourensán”. Todas estas iniciativas, asegurou Manuel Baltar, só poden ser postas en marcha polo Partido Popular, “co esforzo dos nosos representantes no Congreso e no Senado, que serán tres de tres, e apoiadas polo goberno de Pablo Casado”.

O PP, A MELLOR REPRESENTACIÓN PARA OURENSE

Ana Vázquez, a cabeza de lista ao Congreso, tamén afirmou pola súa banda que o Partido Popular de Ourense obterá a mellor representación nas cámaras “para traballar pola provincia e conseguir toda a axuda dun goberno popular, como así foi nos anteriores mandatos do PP, para explotar ao máximo as nosas potencialidades”. Nesta liña, Vázquez chamou a atención dos asistentes lembrando que o único que soubo dicir Sánchez durante a visita que fixo ás fontes das Burgas, na capital, “é que a auga está quente, o que demostra o máis absoluto descoñecemento do que significa o termalismo no noso territorio”.

A candidata ao Congreso lanzou unha mensaxe aos mozos das comarcas da Limia e Monterrei para que o 28 de abril outorguen a súa confianza ao PP, “porque é o partido que máis está a loitar por apoiar as súas iniciativas para poñer en marcha ou consolidar as súas explotacións agrogandeiras”.

IMG-20190416-WA0017

O exemplo, dixo diante do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, “témolo no goberno popular da Xunta, que concedeu o pasado ano máis de 52 millóns de euros en axudas para investimentos en explotacións agrícolas e creación de empresas para agricultores mozos, ás que se acolleron preto de 400 xóvenes galegos para incorporarse á actividade agraria”.

Este compromiso co rural non só beneficia ás persoas que reciben o apoio da administración, advertiu Ana Vázquez, “senón que estamos a colaborar no rexuvenecemento do rural, garantindo o relevo xeracional, fixando poboación nos nosos pobos e mesmo xerando unha actividade económica indirecta polos servizos que precisa calquera explotación”.