O BNG denuncia que a xestión do alcalde fai que os impostos dos veciños e veciñas de Xinzo “emigren”

bng
O BNG denuncia que a xestión do alcalde fai que os impostos dos veciños e veciñas de Xinzo “emigren”

Analizadas as cláusulas do contrato para o mantemento do alumeado público e instalacións eléctricas do Concello

bngO BNG denuncia que a xestión do alcalde fai que os impostos dos veciños e veciñas de Xinzo \“emigren\” e sirvan para engrosar a conta de resultados dunha grande empresa con sede en Madrid

Analizadas as cláusulas do contrato para o mantemento do alumeado público e instalacións eléctricas do Concello, constatase que está pensado para facelo atractivo ás grandes empresas estatais e que poidan concursar en condicións vantaxosas.

Xinzo da Limia, 19 de maio de 2015. O actual grupo de goberno do PP, presidido polo Sr. Pérez, sacou a concurso o pasado mes de marzo o servizo de conservación, reparación e mantemento do alumeado público e instalacións eléctricas dos edificios municipais do Concello de Xinzo por un importe anual de 137 mil euros e unha duración de 4 anos máis 2 opcionais, o que elevaría o custo final da concesión a preto de 1 millón de euros.

Logo de analizar os pregos para a adxudicación deste contrato, o BNG constata que polo seu volume económico está pensado para facelo atractivo ás grandes empresas estatais do ámbito da prestación de servizos e que, deste xeito, poidan concursar en condicións vantaxosas sobre outras ofertas de empresas locais máis pequenas.

Este tipo de adxudicacións son sintomáticas do concepto que o PP ten do papel que o Concello debe desempeñar no impulso da economía local. En lugar de xestionar directamente estes servizos co propio persoal municipal ou, alternativamente, facilitar que empresarios de Xinzo poidan acceder a competir na súa prestación, promovendo un retorno do investimento inmediato en forma de postos de traballo e xeración de riqueza, prefire facer un \“pack\” á medida das grandes corporacións e facilitar deste xeito que os impostos dos veciños e veciñas \“emigren\” e sirvan para engrosar a conta de resultados dunha grande empresa con sede en Madrid, deixando aquí as migallas en forma de subcontratas e contratos lixo.

Desde o grupo municipal do BNG, logo da anunciada intención do Alcalde de seguir nesta liña de privatizacións, esiximos que, de xeito inmediato, se conxelen e adíen para non hipotecar a xestión do goberno que sairá das urnas o vindeiro 24 de maio. Estamos no tempo de desconto do mandato do actual alcalde e agora en quince días non vai recuperar o tempo perdido nin arranxar a situación de descontrol no gasto e incremento da débeda que promoveu por acción ou omisión nos catro anos que leva dirixindo o Concello.