Continuamos un proxecto colectivo, unha forma de entender a política e a xestión municipal posta a disposición de todos os veciños e veciñas.
Unha lista encabezada polo actual alcalde Xan Jardón. A candidatura está integrada por veciños do concello, mulleres e homes, dispostos a aportar e continuar e innovar o proxecto ilusionante, galeguista e de progreso, transparente, participativo e reivindicativo dos dereitos da veciñanza, levado a cabo en Vilar de Santos, e que converteu a este concello nun referente, na comarca da Limia e en Galicia, recoñecido por todos coma un territorio que conta con servizos e dotacións de calidade e universais, que fan do noso municipio un lugar para vivir.