A candidata socialista á alcaldía de Xinzo, Elvira Lama, comprometeuse hoxe ante notario a baixar impostos e taxas municipais si gaña a alcaldía, tal e como recolle o programa dos socialistas de Xinzo. Empezará polo IBI, que subiu de forma abusiva mais dun 60% nos últimos catro anos, e a continuación revisará o resto de impostos de competencia municipal, así como as taxas, para novas baixadas.
A subida do IBI en máis dun 60% durante os últimos 4 anos sitúa a Xinzo como unha das poboacións de España nas que este imposto experimentou unha maior subida porcentual.
É por elo que a súa baixada, comprometido polos socialistas de Xinzo primeiro no seu programa e agora ante notario, enmárcase dentro de unha revisión xeral de tódolos impostos municipais para a súa baixada despois de catro anos de subidas continuadas.
Ademais de baixar impostos, o próximo goberno socialista de Xinzo aprobará fórmulas para o pago aprazado dos impostos municipais para aqueles veciños que o precisen. “O noso goberno estará para axudar aos veciños, para facilitarlle as cousas, non para asfixialos con impostos abusivos, como fixo o PP durante os próximos 4 anos”.
“O
que fixo o PP cos impostos en Xinzo é unha tomadura de pelo aos veciños, que asistiron perplexos ás sucesivas subidas de impostos mentres baixaba a calidade dos servizos prestados polo propio concello”, explica Elvira Lama.
A esta situación, xa de por si grave, engádese que Antonio Pérez endebedou ao concello de Xinzo en polo menos 8 millóns de euros, aos que haberá que sumar tódalas facturas impagadas e agochadas nos caixóns municipais.
“O que pasou estes 4 anos é completamente irracional: Antonio Pérez subiu os impostos ata un 60%, quitou e precarizou servizos municipais e endebedou ao Concello en 8 millóns de euros, máis o que deixe agochado non caixóns”, engade a candidata do PSOE antes de preguntarse: “¿Qué fixo en realidade Antonio Pérez cos cartos que lle cobrou de mais aos veciños en impostos e os que lle pediu aos bancos?”.
O socialistas de Xinzo lembran que esta xestión do alcalde xa foi penalizada polos tribunais de Xustiza con polo menos 7 sentencias e advirten que si se tratase dunha empresa, “Antonio Pérez tería sido destituído fai xa tempo”.
A herdanza que Antonio Pérez que despois de tan so 4 anos de goberno é unha débeda de case 1.000 euros por veciño e ao pobo á cabeza das poboacións de España que máis subiron os impostos durante estes mesmos catro anos.