lunes 6/12/21

ELVIRA LAMA E O PRESIDENTE DA CÁMARA DE MONTALEGRE ASINAN UN ACORDO PARA DINAMINIZAR AS ECONOMÍAS DE AMBOS CONCELLOS

Orlando Alvez, Presidente da cámara de Montalegre, puxo como exemplo o evento deportivo de  1ª Volta ao Alto Tâmega, que terá lugar do 22 ao 24 de maio, e que a partir da próxima edición, cando Elvira Lama acceda a alcaldía de Xinzo, será internacional e transcorrerá pola Limia.

foto Elvira Lama Orlando Alves

Nota prensa PSOE

Xinzo a 20 de maio 2015. A candidata socialista á alcaldía de Xinzo, Elvira Lama  e o presidente da Cámara de Montalegre, Orlando Alves,  asinaron un compromiso de colaboración transfronteiriza para dinamizar a hostelería, o comercio e xerar emprego en ambas comarcas, que manteñen dende sempre unha estreita relación sen que ata agora estableceran nunca acordos de colaboración.

Neste senso, Lama asegurou que “é un paso necesario establecer relacións de promoción económica, cultural e turística entre ambos municipios por proximidade, pero tamén pola estreita relacións que manteñen os veciños de ambos municipios”.

Os municipios están separador por apenas 35 kilómetros e moitos veciños de Xinzo traballan en Montealegre e viceversa.

A candidata socialista  dixo que “este compromiso leva consigo un plan transfronteirizo de comunicación e relación permanente que servirá para promocionar o emprego en ámbolos dous territorios e así fixar poboación”, Precisamente, a despoboación é o paro principais problemas que os dous políticos consideran mais  alarmantes.

Neste senso, Lama incidiu en que “ademais das relacións agrogandeiras que xa existen hoxe, este acordo de colaboración suporá a promoción do patrimonio cultural e ecolóxico, a promoción turística de montaña, feiras e eventos culturais”.

Pola súa banda Orlando Alves, presidente da Cámara de Montalegre asumiu “publicamente o compromiso de que a partir de que Elvira Lama sexa alcaldesa intensificaremos as nosas relacións encamiñadas a promoción dos nosos territorios” e engadiu que “son moitos os portugueses que baixan a Xinzo e manteñen relacións comerciais fortes”.

Alves asentiu que “este plan de colaboración permitirá que nas accións que se leven a cabo  tanto do lado portugués como do lado galego, ven sexa en Xinzo ou  ben en Montalegre, sexan de promoción conxunta para a dinamización económica e cultural de ambos territorios”.

O presidente de Cámara de Montealegre Orlando Alvez, puxo en valor e como exemplo o evento deportivo da  1ª Volta ao Alto Tâmega, que terá lugar do 22 ao 24 de maio, e no cal están inscritos preto de 150 ciclistas profesionais. “Espero que este evento deportivo, importante para a promoción do noso territorio sexa internacional na próxima edición e transcorra tamén por Xinzo coa colaboración da futura alcaldesa Elvira Lama “

Comentarios