NON TODO É O QUE PARECE

IMG_8047
NON TODO É O QUE PARECE

Sóese dicir que unha imaxe vale mais que 1000 verbas.Como en toda regra,este podería ser a excepción que a confirma

Aínda que non pareza esta foto foi sacada onte a tarde as portas do Concello. Os catro candidatos a presidir o goberno municipal tiveron un \“KIT KAT\” na xa bastante quente campaña electoral.
Quen nos mira neste momento puidera pensar que ían a tomar uns viños acabado o acto que os uniu, que non foi outro que a repulsa total ao crime machista desa mañá na nosa capital.

Pero claro isto simplemente foi un u oasis e un descanso mínimo, que aproveitou o alcalde para solicitar de todos unha campaña sen insultos, afrentas e outro tipo de accións. Temos que pensar que despois do día 25 témonos que xuntar outra vez durante catro anos máis.

Parece ser que xa a representante do PSOE Elvira Lama, non estaba moi de acordo coas verbas do alcalde,ó que xa nas redes sociais acusaba , non ela, se non algún simpatizante, da caída dos carteis colocados na noite derradeira.

Pois efectivamente iso foi un oasis, minutos despois os camiños separáronse e de non acontecer outra desgraza colectiva, é posible que outra instantánea como esta sexa difícil de conseguir nos próximos 15 días.

Fdo.- Luis Veloso