jueves. 30.03.2023

Para comezar coas sorpresa a primeira xurde en Vilar de Barrio onde nesta ocasión preséntanse 4 candidaturas, sendo unha delas do BNG, único concello onde logra facer lista ademais de Xinzo. Aparte deste partido xurde por primeira vez unha candidatura independente que trata  de quitarlle a alcaldía o veterano Julio Pérez Carballo. Esta candidatura independente denominada “Xuntos por Vilar de Barrio”, encabézaa Mª Jesús Rodríguez.Parece ser que esta candidatura podería ser unha excisión do PP.

Outra das sorpresas xurde en Sandías onde a veterana candidata do PP, Conchita Méndez tamén lle xurde unha candidatura independente  denominada Agrupación de electores de Sandiás, encabezada por Felipe Traveso.

Outros dous concellos  teñen 3 candidaturas, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio. O primeiro deles  o actual alcalde Xaquín Rodríguez(Ex-BNG) agora nas listas do PP enfrontase un histórico do seu ex partido, esta vez baixo as siglas de CxG (Compromiso por Galicia), da man de Esteban Campos. O PSOE, como xa anunciamos mudou de candidato, sendo neste caso o debutante  Pablo Lorenzo.

No tocante a Vilar de Santos  Xosé Jardón, actual alcalde baixo as siglas de CxG, repite tendo enfronte dúas candidaturas PSOE e PP.

Os restantes concellos da Limia Alta , Baltar, Blancos, Porqueira , Sarreaus e Trasmiras contan con dúas candidaturas nada mais, a do PP e a do PSOE. Como dixemos o BNG, non deu feito candidaturas nestes concellos tendo como aspirantes o sillón de Alcalde os actuais rexedores. A única novidade é no caso de Os Blancos que o candidato, aínda que actual alcalde , José M. Castro, na anterior convocatoria encabezaba outra lista.

Comentarios