O PP de Xinzo presenta unha lista coa renovación necesaria e experiencia contrastada para gobernar dende o minuto un

Presentación da candidatura de Antonio Pérez (Partido Popular) ó Concello de Xinzo de LImia. Asisen ó acto Manuel Baltar (Presidente PP en Ourense) e o resto da candidatura.
O PP de Xinzo presenta unha lista coa renovación necesaria e experiencia contrastada para gobernar dende o minuto un

O candidato á alcaldía, Antonio Pérez, lembrou no acto de presentación da súa candidatura que "o noso proxecto ten continuidade para catro anos máis"

O presidente provincial e candidato á presidencia da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recalcou que "o equipo que lidera Antonio Pérez sae a gañar e a demostrar que ten unha clave irrenunciable no seu programa: Xinzo de Limia"

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu esta tarde a presentación da candidatura do Partido Popular para as Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio.

O actual alcalde e candidato á reelección, Antonio Pérez, manifestou que a lista que lidera "conta coa renovación necesaria e a experiencia contrastada para gobernar dende o minuto un".

Tamén lembrou Antonio Pérez que "o proxecto do PP para Xinzo de Limia ten continuidade para catro anos máis", matizando que hai proxectos irrenunciables como "a circunvalación de Xinzo ou a mellora da avenida de Ourense", así como continuar mellorando os servicios municipais que se lle prestan aos veciños e veciñas da vila..

O presidente provincial e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar recalcou que "o equipo que lidera Antonio Pérez sae a gañar e a demostrar que ten unha clave irrenunciable no seu programa: Xinzo de Limia"