Reunión da agrupación “XINZO ADIANTE” co comercio

XA con comerciantes
Reunión da agrupación “XINZO ADIANTE” co comercio

Os comerciantes solicitan o apoio para a revitalización da asociación ou a creación dunha nova asociación

Na tarde de hoxe luns o salón de plenos do concello serviu para unha reunión na que a Agrupación XINZO ADIANTE (XA) convocaba o comercio e as pequenas empresas, para pulsar as súas inquedanzas.

Todos estaban de acordo en que a asociación de comerciantes leva inactiva moito tempo, e solicitan do concello a revitalización da mesma e si non a creación dunha nova.

Solicitan que o concello organice cousas, posto que de seguir así logo non terá remedio a situación.

Manolo Pérez comprometeuse a que eles serán portavoces destas inquedanzas apoiando non solo o comercio se non os emprendedores.