SANDIÁS CONTA CUNHA CANDIDATURA INDEPENDENTE DE VECIÑOS

independentes de sandias
SANDIÁS CONTA CUNHA CANDIDATURA INDEPENDENTE DE VECIÑOS

AGRELSAN, quere denunciar os atrancos que se lle poñen dende a alcaldía para poder presentarse as eleccións

En Sandiás corren novos tempos. No concello constituíuse unha Agrupación Electoral independente (AGRUPACION ELECTORES SANDIAS \“AGRELSAN\”). Está composta por un grupo de veciños do concello, descontentos co goberno que teñen dende o ano 1979 (nada menos que 36 anos de goberno), co único propósito de ofrecer ós veciños de Sandiás una nova opción política totalmente independente de calquera ideoloxía preestablecida, e por suposto coa idea de gañar as eleccións municipais.

O grupo é moi heteroxéneo, hai agricultores, parados, asalariados por conta allea, funcionarios, enxeñeiros, estudantes, autónomos, empresarios ..., en fin un nutrido grupo que pode representar a todos os sectores da poboación, onde se pretende facer unha política asemblearia, onde participe todo o que queira e por suposto acabar coas prácticas clientelistas do goberno municipal actual.

Dende o Concello, e mais concretamente por a Sra. Alcaldesa estanse a poñer todas as trabas o seu alcance para perpetuarse no cargo catro anos mais, utilizando todos os medios posibles, incluso utilizando ós funcionarios e empregados do propio concello para conseguir o seu propósito, os cales consenten estas prácticas, dedicándose a facer política desde o seu traballo, postura totalmente inmoral, outra cousa é o que poidan facer na súa vida privada.

Utilízanse os medios do propio concello, como vehículo e persoal para facer política activa, unha vergoña, así é como entende esta xente a democracia.

Por citar en concreto unha traba posta á agrupación, a Sra. Alcaldesa negoulle un local á agrupación, que pretendía facer unha asemblea, tendo que recorrer a un local privado para levala a cabo, argumentando a Sra. Alcaldesa que non estabamos en campaña electoral, cando sabía certamente que non se estaba facendo propaganda electoral senón que o único que se facía era presentar á agrupación.

Así mesmo, induce a persoas maiores sobre todo, a votar por correo para poder manipular o voto, cubrindo a solicitude de voto incluso do seu puño e letra ou do puño e letra de funcionarios do concello, tal e como se poderá comprobar coas copias que lle quedan ás persoas que piden o voto, copias que obran no meu poder. Por estes feitos, a agrupación presentou denuncia no Xulgado de Instrucción de Xinzo de Limia, por entender que se estaba cometendo un delito electoral.

En definitiva, aparte de facer pública a AGUPACION, que por outra banda xa coñece moita xente, queremos facer públicas as trabas que se están poñendo no proceso electoral para que non poidamos acadar un bo fin.