lunes 6/12/21

O restaurante Nova Frita foi o lugar escollido polo movemento veciñal  XINZO ADIANTE, para presentar os seus candidatos a todos os que quixeron acudir, o propio acto e a cea coa que rematou o acto. Cea que cada comensal tivo que abonar con anterioridade.

Na mesa estaban o nº 1 Manolo Pérez Campos así como Francisca Rodríguez Rguez. Iván   Olmos  e Vanesa Rúa. Estiveron acompañadas de Sara , moderadora que foi dando a palabra, tanto os da propia mesa , coma a todos os que querían intervir.

O programa de XA, sairá as rúas a semana que ven.. Pero o que que quedou claro para todos é que isto e un movemento  veciñal. Ningún grupo organizado estará dentro da agrupación. O fomento do asociacionismo, a sanidade pública e de calidade os investimentos en infraestructuras necesarias e a promoción das festas patronais e locais, serán unos dos obxetivos  básicos desta formación.

Comentarios