Agora si, Toni volverá a encabezar a lista do PP por Xinzo

Agora si, Toni volverá a encabezar a lista do PP por Xinzo

Esta mañá acompañou aos outros 312 candidatos do Partido Popular en Galicia

Por fin, despois de todos os avatares de fai unhas semanas acontecidos na visita do grupo parlamentar do PP na súa visita a Xinzo, esta mañá en Santiago foron presentados os 313 candidatos que o Partido Popular presentará nas eleccións do 28 de maio.

Antonio Fernandez Veiga (Toni) o que durante estes últimos 4 anos foi o portavoz do partido no concello de Xinzo, voltará a ser o candidato da formación.

Nestes momentos xa coñecemos oficialmente os cabezas de lista de dúas formacións, PP e BNG, sabendo tamén os que encabezarán as do PSdG-PSOE e AXIL, aínda que non foron presentados oficialmente polos seus partidos e agrupacións.

Quedan pendentes os de outras formacións políticas, si ao fin presentan candidaturas.

REPITEN NA COMARCA

Tamén estiveron presentes en Santiago os candidatos dos concellos da comarca no que repiten os alcaldes de Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sarreaus, e Trasmiras.

Foto de familia de todos os candidatos
Foto de familia de todos os candidatos