AXIL, repite candidatos nos primeiros postos
De momento non pensan en nada máis que subir en escanos no Concello.
Sobre la posibilidad, llegado el momento, de reeditar un cuatripartito, Díaz manifestó que “de momento vamos a luchar por sacar el mayor número de concejales y después miraremos las posibilidades”

Alternativa por Xinzo (AXIL) deu o pistoletazo de saída cara as municipais do 28 de maio presentando os dous primeiros da lista. Neste caso non cambia nada da anterior pois a mesma estará encabezada polo actual tenente de alcalde Amador Díaz e o concelleiro de Obras durante estes catro anos de cuadripartito Ramón Gómez Salgado.
As expectativas dos propios membros de AXIL, despois de catro anos de mandato están moi altas, manifestando o propio candidato nº1 que eles non están a pensar agora en gobernos. No único que estamos pensando é en aumentar en nº de votos e polo tanto en nº de concelleiros electos.
E falando de electos, o propio Amador Díaz acaba de ser elixido polo sector produtor como vicepresidente do Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia, que preside Jose M. Gómez (Cazolas).