O candidato do BNG continúa a axenda programada cara ao 28M
12:59 05/05/23
12:59 05/05/23
O ritmo de reunións foi medrando ata o momento actual no que Camilo e o seu equipo se xuntan con, polo menos, dous colectivos ou axentes do municipio ó día.
O obxectivo desta rolda é só un, escoitar as valoracións e demandas da xente e expoñer as liñas mestras do seu proxecto. En palabras do candidato a alcalde "é falar entre veciños, non entendo outra maneira de saber que pensan"

Nas últimas datas téñense producido encontros con moitos dos sectores e axentes relevantes da zona en diferentes ámbitos zona coma o musical coaa Escola Municipal de Gaitas & Percusión e a Agrupación Musical da Limia, o sociosanitario coma a Escola Rural da Saúde ou o agro-gandeiro coma Adegal.

Camilo Vila continuará a súa axenda coa Praza de Abastos.