Catro cafés cos "catro" - Carlos López

Carlos López
Catro cafés cos "catro" - Carlos López

Comezamos estes catro cafés cos “catro” cun mozo, que ultimamente sae moito nos medios por ser unha desas persoas que despois da pandemia se puxeron de moda, os “Nómadas dixitais”.

Se dicimos que é Carlos López Montero, posiblemente, os novos non saiban moito del e os “menos novos” tampouco, porque dende pequeno cando a idade 8 ou 10 anos, xa non recorda, foise estudar a Ourense, onde decidiron vivir sesus pais e desprazarse eles aos seus traballos. Despois veu a universidade en Salamanca e ao rematar , medio mundo, pois claro...Pero si dicimos que é fillo de Tito (o médico) e Chelo (bancaria), a cousa cambia. Xa o localizamos mellor, e cando seguimos nomeando aos seus avós, con quen se criou, e onde había que vir todos os domingos a comer, aínda que fora de empatada, cando xa era mozo, entón xa o temos localizado completamente.

Aínda que a conversa é seria, o sorriso sempre está na súa faciana

Di que posiblemente por ser fillo único, ata que foi a gardería non falaba máis que por señas, pero dende que comezou, xa non parou de facelo e non solo en galego precisamente, pódovos dicir que a unha velocidade poucas veces escoitada.

Conta con “orgullo” que seus pais tamén foron emigrantes, neste caso en Venezuela e que ó mellor por iso, el tamén xa viaxou moito, pola súa profesión e para aprender.

Diplomado en Tradución e Interpretación, xa fixo de todo, incluído ser probador de videoxogos, algo que os que o saben lles resulta curioso, pero el di que non xogaba, se non que lle buscaba os fallos, polo que lle pagaban.

O chegar a Salamanca para ser tradutor e intérprete, posiblemente comezou en Xinzo, cando con 5 anos o mandaron a unha academia de inglés. Despois a partir dos 10 anos os veráns pasábaos no estranxeiro “aprendendo”. E cando descubriu que existía esta carreira, lanzouse de cheo.

NAMORADO DA CIDADE E DA SÚA COMPAÑEIRA, TAMEN DE ESTUDOS

Cando cheguei a Salamanca, namoreime da cidade e 4 anos despois collín a maleta para Alemaña de Erasmus, a súa terceira lingua da que ten título oficial. Despois da volta, outra maleta cara Canada, para especializarme en Toronto e de volta Madrid pasando por Londres. E como lle parecían pouco as tres linguas votou 8 meses en Italia, para de paso aprender o italiano e de volta “atracar” en Barcelona onde volve atoparse coa que actualmente e a súa parella que tamén se dedica ao mesmo.

A súa parella, tamén estudou tradución en Salamanca, é un ano mais nova ca min e coñecina entón, e logo pasados uns anos a vida xuntounos de novo. Ela fixo igual, tamén inglés e alemán , fala bastante mellor o alemán ca min, ela foi profesora e lectora en Alemaña, despois da carreira.

Foi neses momentos nos que decidín deixar a empresa e facerme autónomo, alo polo 2017, e levar o traballo ala onde vaia ou vaiamos, sexa en coche, avión, tren ou onde toque.

EXTREMEÑA E GALEGO AFINCADOS EN MADRID

Nese momento decidimos vivir en Madrid para estar equidistantes dos seus lugares nativos ata que chega a pandemia e ca pandemia chegou o peche, e chegaron 3 meses en Madrid nun piso pequerrechiño, que para nos estaba moi ben , pero no momento no que non podes saír evidentemente todo cambia, e no momento en que puídemos saír de alí viñemos ese verán aquí a casa familiar, que levaba valeira dende que morreran os meus avós maternos e gustounos como estabamos aquí , a miña moza gustoulle o sitio. Nese tempo démonos de conta que ó mellor o cambio de vida estaba mais ao carón do que eu pensaba, que non tiñamos que ir a un terceiro sitio, do que non foramos ningún dos dous, senón que puideramos estar nun sitio que o final tes familia, tes os meus pais mais preto. Eu levaba moito tempo sen vivir unha tempada continua moi longa preto deles, entón iso tamén ten as súas vantaxes, estar preto da familia e de xente para calquera cousa pois é importante.

E xa quedamos, viñemos o principio para probar e o probar converteuse en, mascotas, finca, pitas, horta, e agora o paso que din de meterme en política.

Entón realmente a ti e a túa parella a pandemia si que vos cambiou totalmente, e aínda faltaba a inclusión na política. Como foi ese paso?

Eu con Elvira teño relación, coñézoa dende que era pequeniño, porque son amigo da súa filla e de feito temos a mesma idade, fomos o colexio xuntos, eu xa sabia que era alcaldesa e no momento en que fomos o concello a empadroarnos, xa estiven falando con ela, e nestes anos eu fun a algúns actos do concello e coincidín con ela. No momento en que me chamou non me imaxinaba para nada iso, realmente non era unha cousa que tivera falado, de feito a razón fundamental por a que din este paso e por ela, polo que vin nestes 3 anos no seu mandato os cambios que vin e os proxectos, entón foi sorpresa pero rapidamente pasei a consideralo e xa dende ese primeiro momento, aínda que tomes a decisión que tomes, xa é unha realidade, porque se están pensando en ti e porque podes aportar algo.

Marcado polo destino

No medio deste tema Carlos conta que a súa relación con Elvira comeza cando a súa filla María , compañeira de estudos ,marcouno para sempre. Tivo un “rifirrafe” con ela, eu non me estaba a portar ben sendo pequenos e ela mordeume na cara. Esta e unha anécdota que sabe moita xente, eu levo a marca da María na cara.

Eres Graduado en Tradución e Interpretación, en que idiomas?

O que é a carreira son graduado en castelán, inglés e como terceira lingua escollín o alemán, fixen axigantaras de italiano e portugués na carreira, comecei a carreira como licenciado, fixen 3 anos como licenciatura e 1 como graduado e terminei como graduado, porque pillou o cambio do plan Bolonia no medio e medio, pero o alemán non é o meu maior forte, traballo mellor e mais en portugués, italiano e tamén en catalán, de feito en Cataluña tamén quitei títulos, diplomas de catalán , de feito alí cando estiven traballando na empresa foi unha das primeiras cousas que pedín que suxerín que fixeran cursos de catalán, a min parecíame interesante falar a lingua onde estaba vivindo.

Como é un dia a dia do teu traballo?

Levántome pola maña, pois a rutina dunha persoa normal e corrente coa diferencia de que non teño que saír de casa, salgo se estamos de viaxe ou estou nalgún outro sitio pois o mellor vou a unha cafetaría algún sitio cómodo, mesmo a biblioteca ou a casa da cultura. Cando estou dende casa temos unha parte diferenciada da casa que e onde traballamos. O que si que fago moitas veces e almorzar diante do ordenador vendo as cousas que hai para ese día, hai traducións que me levan semanas e outras que fago cada 24 horas, encargas que teño pola tarde do dia anterior que teño que entregar o longo do dia seguinte, teño clientes que traballando desa forma, cos que fago correspondencias , asuntos empresariais e demais e outras cousas que son evidentemente pois manuais, libros, guías e demais que iso teño un prazo.

TRABALLA CON CASCOS E MÚSICA E COBRA POR PALABRAS

Carlos, non soña, está convencido de que sen traballo non hai nada

Nós cobramos por palabra, que é unha cousas que lle fai moita graza a xente, senón tamén os clientes, que non entenden moi ben como funciona isto, nos non vamos nin por obra, nin por proxectos, béeno por proxectos poderiamos ir pero os proxectos son por palabras, dependendo logo da dificultade, de se son cousas técnicas ou non e da premura, nos traballamos coa premura, se queres unha tradución o mais axiña posible evidentemente vamos ter que cobrar mais, digamos que hai moitas velocidades e moitas prioridades. Pero póñome diante do ordenador, cos meus cascos con musica, e basicamente así boto a maña traducindo, hai distintos software é mais complexo do que parece, non son todos iguais nin levan exactamente o mesmo.

Non é o mesmo traballar tradución directa, que é cando ti dominas o linguaxe, que tradución inversa que traballas cara un idioma que non es nativo, haberá cousas que serán mais sinxelas e outras que estas con pequenas ambigüidades e pequenas cousas que tes que facer podes botar horas e non tes avanzado un paragrafo, entón é bastante curioso pero como calquera outro traballo, como o mediodía e pola tarde moitas veces teño que seguir, e o problema do autónomo que non tes festivos, non temos vacacións nin fins de semanas, moitas veces estamos diante do ordenador ou diante do portátil si estamos noutro sitio. Pódesme ver traballar desde nun avión, en trens, mesmo en coches e demais, de feito coa miña parella moitas veces vamos en coche cando vamos ver a súa familia alí en Estremadura e vamos cambiando e ela vai facendo cousas e eu conducindo e logo vamos o revés.

Como valoras a incorporación no número 4 da lista, sen ter experiencia ningunha e chegando de afora?

As metas de Carlos poden ser moi altas
As metas de Carlos poden estar moi arriba

A min gústame a lista evidentemente, pero non son obxectivo nese sentido, ela creo que fixo unha aposta non so pensando no futuro, senón tamén en renovar e mover un pouco iso, eu creo que tamén non é conformista que é unha persoa que esta aberta a buscar diferentes perfís e ser aconsellada e que non conte cunha serie de persoas senón con outras iso fala moi ben dela. Normalmente os que mais se renovan cando non obteñen resultados son os que non chegan, e eu creo que ela tamén moveu un pouco para configurar unha lista atractiva pensando en seguir.

Non sei como fala en todos eses idiomas que coñece perfectamente, nin nos que di que floxo, pero estraña que ademais o seu galego sexa correctísimo, estando máis dun terzo da súa vida fora de Galicia.

A contestación foi rápida e concisa, grazas a XABARÍN CLUB.

De feito eu cando era ben noviño tardei moitísimo tempo en falar, leváronme o Rosalía con apenas 3 anos, como non pasei pola gardaría non falaba, moita xente me lembra que eu tiña a miña propia linguaxe , os meus pais entendían algo, e pouco mais. O igual por ser fillo único e estar so non me lanzara a falar, e o cabo dun mes do colexio, e a miña fonte, o que mais vía eran debuxo no Xabaril , que criaron a unha xeración enteira, tiñamos o carné, viamos o Songoku e Doraemon, e na casa os meus pais falaban mais en castelán. Xinzo nese sentido é unha marabilla, é unha vila totalmente galegofalante, pero eu so co galego , a lingua que comecei a falar no colexio, teño vídeos nos que eu estou falando galego. Evidentemente que a lingua materna é o galego, despois co paso do tempo colles competencias, non é mesmo traballar ca lingua que que non. Pero a miña lingua materna, a primeira coa que arrinquei, seguramente polos meus avós, foi o galego. É unha das cousas que mais me gusta de vivir en Xinzo outra vez.

A interesantísima conversa con Carlos durou moito, pero menos do que quixera. Aínda así todo o interesante que contou da vida e o traballo dos intérpretes, queda para outro café. Hoxe solo queríamos coñecer ao número catro da lista do PSOE, igual que coñeceremos aos das outras listas, e case todo sen falar de política, porque o importante son as persoas.