Catro cafes cos "cuartos"- AXIL

Maite Rodríguez
Catro cafes cos "cuartos"- AXIL

O primeiro é presentarte, chámaste Maite....?

Rodríguez Camiña, Rodríguez por Nocelo e Camiña por o Carballiño, do concello de Boborás.

Teño familia no Carballiño, a miña avoa faleceu, entón agora a casa esta valeira pero si que imos de vez en cando. Teño moi boas amigas desde os 4 anos, que nos seguimos reunindo e úneme moi boa relación coa xente do Carballiño por familia e amizade.

Eu estudie EXB no Carballiño e despois no instituto vinme para Xinzo, porque eu son filla de emigrantes, e cando houbo que cambiarse o instituto, pois supoño que os meus pais dirían na adolescencia “haberá que botar mao desta rapaza”. Meu pai é de aquí, de Nocelo da Pena, de Sarreaus e a miña nai do Carballiño, coñecéronse en Alemaña e decidiron facer casa aquí e vivir aquí nos anos do instituto, e despois marchei para Madrid. Alí coñecín o meu marido, sendo el de Xinzo, iso foi o destino, porque fomos a estudar o mesmo sitio, o Escorial, onde estudio o noso presidente do goberno, que era compañeiro dunha amiga miña.

Como foi esa vida estudiando no Escorial? Non é un sitio calquera.

Uns anos estupendos, porque tiñamos cerca Madrid pero a vez estabas nun pobo, entón faciamos moita vida de estudantes de colexio maior, estabamos moi unidos, de feito tivemos agora, fai 3 anos os 25 anos de finalizar a carreira, estivemos cos curas, cos que quedan porque moitos xa faleceron.

Porque estabades nun colexio maior os dous?

Si, el xa estaba no colexio, no Alfonso, e pasouse o Mª Cristina que é universidade seguiu estudiando alí dereito e eu empecei a estudar alí tamén e coñecémonos. Non sei si sabes quen era Doña Otilia, unha profesora que faleceu, pois presentounos na lonxa do Escorial, diante do Monasterio.

E que facía alí Doña Otilia?

Pois foi coa filla e comigo cando fomos facer a entrevista para entrar na universidade, e alí nos presentou, eu non volvín a saber nada del porque el aínda estaba en COU porque repetiu un ano, aínda que somos da mesma idade. Eu estaba no colexio maior e dicíalle as miñas amigas “mira ese é do meu pobo” pero despois entrou o colexio e aí xa empezamos a ter primeiro amizade.

Entón acabas a carreira en Madrid e volves a Xinzo, xa con noivo formal?

Si, si claro, xa dende 4º de carreira a cousa xa se formalizou. E volvemos, Alberto tardou un ano en volver, eu non sabia si abrir o bufete ou non, despois volveu el e decidimos xa casarnos e abrir o bufete aquí. El é avogado e eu son procuradora. Decidimos quedarnos aquí, ese é un dos motivos polos que estou metida nisto.

Explícate un pouco mais

Eu puiden quedarme aquí, e non me arrepinto, foime ben, estou contenta e gustaríame que as miñas fillas o puidesen elixir tamén. Si se van fora que sexa por elección, non por obrigación, é o que a min me gustaría.

Cantos anos teñen?

Unha de 20, que esta facendo ciencias políticas en Salamanca, e unha de 16 que esta facendo 4º da ESO, en Ourense.

Como é a vida dunha procuradora e un avogado nunha vila como Xinzo?

A veces complicada, porque non eres so procuradora, porque eres nai, eres filla, eres nora, eres ama de casa, a veces é complicado, pero ben, ben.

E como te convenceron para meterte en política?

Precisamente, porque Alberto estivo en política, estivo con Jose Antonio, en Coalición Galega, e sempre tiven o mellor iso aí, como que me apetecía, teño amigas que foron e que son políticas e falamos moito de política. Sempre me tirou, e o que me convenceu realmente foi o feito de que sexa unha agrupación, non sexa un partido político.

Non che gusta a política de partidos?

Maite Rodríguez
Maite Rodríguez

Vamos a ver, a min gústame a agrupación porque cada un de nos contamos, e o final a ideoloxía política pasa a un segundo plano, cada un temos a nosa. Nin eu intento convencer o do lado, nin o do lado a min, somos as persoas con ideas que son escoitadas, son valoradas, e para min iso é moi importante. Non meterme nun montón e non saber nin moi ben a onde vou, onde me dirixen, quero tamén eu poder aportar.

O que viviches (en política) era o que pensabas que se podía vivir? A vida política neste pobo é difícil, porque se vive moi con moita “intensidade”

Eu dende logo non viñen para enemistarme con ninguén. Ningún dos que estamos nesta agrupación pretendemos vivir, nin vivimos da política. Algo que che da un pouco de liberdade.

Pero ese “enfrascamento” si que existe, ou ti non o notas?

Eu non o noto ou non o quero notar, jajaja Para que, se a vida vai continuar despois do domingo, e somos veciños e vámonos ver, e eu a xente que aprecio vouna seguir apreciando e os que me caen mal vanme seguir caendo mal seguramente, entón eu quero seguir levando a miña vida como antes, pase o que pase.

Maite Rodríguez
Maite Rodríguez

E que pode pasar?

Eu creo que vai haber sorpresas, polo noso lado.

Eu estes dias que estivemos polos pobos, a xente gustoume moito, o trato que teñen coa xente

Estás convencida que a vosa sorpresa vai a ser moi positiva.

Si, eu estou convencida. Esta maña estiven un ratiño na rúa de San Roque, que estiven co cartel falando coa xente e sorprendeume a xente que se acercaba porque a nosa idea non é entregarlle a papeleta a ninguén, so que saiban que estamos aí, non sabían que ía eu, porque ven a foto. Simplemente é informar a xente e que a xente decida, tampouco podes facer outra cousa.

Despois do debate, unha das cousas que din de Amador, é que Amador estivo natural, como é el, esa foi unha das súas bazas?

Cando non tes que impostar nada, notase. Era el, como o ves dia a dia

Outro dos motivos polos que estou aí, tanto el como Ramón, porque me parecen boa xente, traballadores. E sorprendeume estes dias polos pobos o recibimento que tiñan.

Xoga na casa !

Sí, pero a veces é perigoso porque che esixen mais

Nos pobos a xente é mais incisiva, non ten tanta vergoña, si che ten que dicir algo dicho a cara, sen problema ningún, quizais sexa unha campaña....

Si, eu enténdoo, porque se senten abandonados, pero aquí en Xinzo tamén ha i zonas nas que se senten abandonados

Moitos, eu o primeiro, acabamos de coñecer un pouco máis a candidata número catro pola Agrupación de electores da Limia-AXIL. Unha profesional da avogacía, que estudou en Madrid, nun pobo senlleiro onde os haxa, onde coñeceu ao que hoxe e a súa parella de vida, coa que comparte profesión e dúas fillas, para as que, por iso se enrola na política municipal, quere colaborar en facer un Xinzo mellor, e que no futuro esas fillas, ao igual que o resto da xuventude, decidan marcharse ou quedarse voluntariamente, non porque a situación aquí non lle ofreza un futuro laboral imposible.