Catro cafes cos "cuartos"- Marta Joga

Marta Joga Cid- Baronzás
Catro cafes cos "cuartos"- Marta Joga

E chega o último café´, neste caso coa nº 4 do BNG, non por ningún motivo, simplemente por cadrar a apertada axenda da entrevistada e sacar unha vez máis, tempo de onde non o ten.

Quen es? Con quen estou falando?

Eu son Marta Joga Cid

Vives a cabalo entre Baronzas e Ourense

Non, a Ourense vou traballar e volvo.

Onde estúdiache?

3
Marta, como buscando a resposta adecuada

Estudie en Ourense, en Vigo e en Santiago. Todos os estudios primarios e secundarios fíxenos en Xinzo, no daquelas Sergio Mascareñas, agora Cidade de Antioquía. Despois fixen a carreira en Ourense, de Educación Social, despois fixen un máster de Menores en Situación de Protección e Conflito Social en Vigo, e despois fixen o master de profesorado en Santiago.

E a que te dedicas?

Son educadora social e traballo con menores, en Ourense. É un traballo que desde a perspectiva profesional vese que faltan moitos recursos, non hai unha atención completa que debería haber, en todos os aspectos, tanto desprotección como conflito

Ti es funcionaria?

Non, como esta todo privatizado son entidades privadas que teñen concesións coa Xunta

En que consiste o teu traballo realmente, cóntanos un dia normal do teu traballo

O meu traballo consiste en acompañar a menores, que están un pouco fora do que é a realidade social do día a día, e outros que están desatendidos

É un acompañamento en situacións complicadas, ven sexa provocadas por eles ou non, case sempre é por culpa doutros aspectos. Eu ciñome a acompañalos nese proceso da vida que xa é bastante complicado de por si ser adolescente, canto mais en certas situacións.

Vas e ves todos os dias a Ourense. Traballas a turnos?

A día de hoxe non, si que estiven moito tempo traballando a turnos, tamén ía e viña pero a día de hoxe traballo case sempre de día, si que teño un horario flexible, pero traballo de día.

Falábasme onte por telefono que igual tiñas que tele traballar, fálame un pouco de esa dualidade?

No traballo móveste por toda a provincia, traballamos con rapaces e rapazas de toda a provincia de Ourense, e o seu e ir alí onde digan eles. O noso traballo permítenos que haxa certos momentos que ti poidas facer, sobre todo, a parte mais administrativa que a podes facer dende casa. Obviamente a de interacción coas nenas e cos nenos non, pero a parte administrativa si que hai unha parte bastante grande que podes facer dende a casa

Dixeches fai un momentiño que sempre faltan medios, pero do que fixeches na carreira, no máster e todo iso, agora a realidade parecese algo ao que estudiaches?

A educación social é un ámbito moi grande, e aínda que despois te especialices a realidade vela cando mais estas traballando, pero si que foron bastantes realistas connosco na carreira dicíndonos o que ía haber. O que te encontras é bastante parecido co que che ensinan

Fixeches o máster de profesorado, e iso abandonáchelo?

Si, en Santiago. Non, non o abandonei, pero pudendo traballar de educadora social pois... téñoo aí por si o dia de maña quero traballar como profesora, pero pudendo traballar como educadora social con menores, que é o que me gusta, prefiro telo aí como outra opción por si o dia de maña me apetece

Cando empezas a implicarte na política?

Calquera persoa que me coñeza sabe que me gusta participar en todo o que política social, desde sempre, senón non estudaría o que estudie, non vista a política como algo negativo senón como positivo. Sempre participei nun montón de cousas, sempre defendín os dereitos da xente, minorías e non minorías. E realmente esa parte sempre a tiven, sempre estiven implicada en asociacións. Nunca estiven dentro dunhas listas, é a primeira vez

E como se chega a esa primeira vez, chámante, chamas...?

Foi algo de todo, si que é verdade que comentáronme a posibilidade de contar comigo e eu non contaba con iso o principio, pero si dixen que si, foi porque me interesaba o proxecto, quen o encabezaba, e a xente toda que estaba no proxecto. Si vexo que é xente que vai traballar como a min me gusta, que ten a mesma maneira de facer as cousas que teño eu, por iso dixen que si. Todo o mundo traballa por igual.

Falaches antes da banda, que estiveras moito tempo na banda, cóntame esa época

Estiven 20 anos, teño 33 anos, empecei bastante tarde pero estiven de seguido. Empecei os 12, e tocaba o timbal, tiña que tocar o que che mandaba a partitura e facer “florituras”, é o dobre de esforzo, e camiñar a vez

Pois cóntanos esa experiencia da banda, con que director estiveches?

Na banda de gaitas estiven con Fernando e con Xoán

Que viaxes viviches con mais interese? Que che causaron mais impacto?

2

Non sabería dicir un en concreto, creo que toda a época grande na que tiñamos moitas viaxes, destacaría a época en si, non un viaxe en concreto. Botabamos moitas horas e moitos dias fora, chegamos a botar veraos que non pisabas Xinzo. Viñas de Asturias, marchabas para Francia, ías a Salamanca, toda época en si, non sei cantos anos teriamos, quizais 14 foi cando mais foi mais importante

Iso seria o “ no va más”, con 14 anos botar todo o verán fora facendo o que a un lle gusta...

Para nos si, quizais non o vían igual o resto de rapaces, e dicir, iso necesita unha implicación. Calquera un dos dous, tanto Xoán coma Fernando poden dicir cantas horas botabamos aí. Igual que un deporte, calquera persoa que faga un deporte que lle interese moito e queira conseguir resultados, botabamos moitas horas, ensaiabamos martes, xoves, venres e sábados pola maña, quédaste ser facer moitas cousas, hai moitos amigos que saen a tomar algo, que saen a non sei que... non todos os rapaces de esa época o entenden, de feito é cando mais abandonos hai, tanto no deporte coma na musica. Cando tes 13, 14 empeza a haber outros intereses, tes que ter moita disciplina para dicir “non, eu non vou tomar algo con vos eu vou a ensaiar toda a tarde do venres e o sábado pola maña a unha banda

Hai que deixar algo, esta claro. Non te arrepintes os 20 anos que estiveches?

No, no, nin louca. Son unha persoa que me gusta traballar e conseguir as cousas que eu quero, iso non o cambiaría por nada

E deixáchelo por que?

Porque si que van cambiando as dinámicas e igual non tes tantos vínculos coa xente que comeza a entrar. Si que coa xente da túa idade, incluso con xente de 18, 19 anos podes, pero xa empezan a entrar xente moi pequena. Teño que dicir que durante eses anos que toquei na banda, non so o fixen na de Xinzo. Durante dous anos estivo tocando nunha banda escocesa Power of lemania que estaba en Ginebra. E no 2016 participou coa banda escocesa Milingavie nos campionatos do mundo en Glasgow.

Comentaches que che gusta participar en asociacións, onde hai xente implicada

Si, sempre estiven, igual non tanto mentres estaba na banda, pero segundo foi pasando pois participei en actividades deportivas, cando se organiza calquera outra cousa de asociacións e non fai falta formar parte da asociación para axudarlle a xente, entón pois si se organiza un evento de calquera cousa sen problema. Igual coas deportivas, cando Fussión comezou a organizar as galas que se facían na Carlos Casares, ou aínda agora o evento que houbo da carreira, pois se podes axudar, participando e sendo parte do deporte, pois polo menos axudarlle a xente.

Vives nun pobo moi reivindicativo, porque Baronzas sempre esta na “cresta”, que se non somos de Xinzo, que somos de Xinzo, que non queremos ser de Xinzo, que nos queremos dividir porque aí esta o letreiro...sones reivindicativos de pobo, non dun barrio de Xinzo

Si, si que pode haber ese risco porque esta cada vez mais xuntos, pero tampouco se pode perder a identidade, que ti digas que Baronzas é un pobo diferente a Xinzo, non vai facer que iso sexa mellor ou peor, pero tampouco vai perder a súa identidade porque é unha aldea diferente. Quizais ultimamente xa empezou a vir a vivir xente mais nova, creo que é un dos pobos que mais nenos e nenas ten vivindo na aldea, iso foi porque viñeron moitas familias novas e si que lle empezaron a dar outra vida. Comezouse a facer un pouco mais de comunidade, que é o que realmente lle fai falla os pobos

E sobre todo a historia musical que antes estaba perdida e agora estase reivindicando ano tras ano cada vez mais

A nosa idea dende a xente que estamos organizando a festa é esa mesmamente, si que todo o mundo sabe quen son os gaiteiros de Baronzas, están escritos alí no papel, pero non pasa nada e ven bastante ben que haxa un dia especial que se recorde e polo menos se manteña e que a xente que ven despois saiba o que hai. Realmente se ti non estabas metido no mundo da musica quedaríase nos gaiteiros de Baronzas e xa está, e igual a xente que é mais maior si que che podería dar explicacións pero a xente que ven despois se non hai algo, un dia especial ou alguén que lle poida explicar que eran, que facían e que legado deixaron pois perderíase

Lograstes converter a un pobo/barrio de Xinzo nun pobo con identidade propia

Si, agora é mantelo e que todo mundo teña a mesma visión, e intentar manter esas cousas que nos diferencian. Polo menos que se poida diferenciar en algo, non vai ser nin mellor nin peor, pero non se pode perder a identidade nin da xente, nin dos pobos, nin de nada

Volvemos a os tempos de cole. Tiveches algún profesor ou profesora que te “marcara” de algunha maneira en particular?

Habería moitos. No Carlos Casares destacaría a Sabela, xuraría que é de Vilar de Santos e deume en primaria. Si, a titora de primeiro, pero habería outras; Mari, Maite tamén me tocaron, pero non sei polo que, igual era por que era mais pequena.

En secundaria?

Marta Joga
Marta Joga, ten un "punto" de enigmática

En secundaria si que apuntaría a dous sobre todo; un é Paco Froi de galego, e a outra é Rosa Suárez, que creo que é de Allariz. Pero si que quizais a miña elección da carreira foi gracias a Rosa

Por que Rosa?

É curioso porque a sinatura creo que era unha parte de naturais, medioambientais, pero tocabamos outros temas, temas dun montón de aspectos que a dia de hoxe igual son as liñas que traballamos na educación social. Traballabamos igualdade, todo o que tiña que ver con drogas, eran aspectos que non se tocaban no instituto e ela a través de esa sinatura que era moi ampla enfocábaa de tal maneira que tocabamos moitos ámbitos que nos interesaban a todos, e que no instituto non se daban. A dia de hoxe igual un pouco mais, pero de aquelas non.

Tes cara de sacar boas notas, e verdade?

Depende do que se considere boas notas, pero non, normalmente entre o 7, eu diría que a miña media estaría entre o 7 e o 8. Tiña que facer esforzos para estudar, pero tamén era porque lle dedicaba moito tempo a moitas cousas e facíase aínda mais difícil, ter que estudar, ter que estar na musica. Pero eu creo que compensei iso co tema da disciplina. Algo que destaque de min e que creo que son unha persoa disciplinada, pódeno corroborar Xoán ou Fernando, que nos 20 anos, que me acorde, faltei a unha actuación en Francia que tiven que ir o selectivo.

E agora segues sendo disciplinada no teu traballo?

Si, si que son unha persoa disciplinada, gústame ser así e non sei ser de outra maneira, nin querería ser doutra maneira

E que pasa cando tes un compañeiro ou compañeira que non é tan disciplinado?

Iso foi unha cousa que fun aprendendo co tempo, a experiencia vaiche dando esas ferramentas, e mais sendo educadora social tes que ser moi flexible, teste que adaptar. Son aspectos que vas traballando co tempo, aprendendo a traballar con outras persoas que non son iguais ca ti, pero tamén te compensas, outras cousas terán esas persoas que ti non tes.

E aquí rematou a entrevista e o café unha, todavía moza, que confesa que houbo moitos mestres, do cole e fora do cole que lle deixaron “algunha pegada”, que foi quen de estar tocando dous anos cunhas bandas escocesas (non o pode dicir moita xente) e que tamén confesa ser moi disciplinada, no seu traballo e na súa vida, por iso ten tempo para facer moitas cousas, sobre todo axudar a quen o precisa, organizando calquera evento, e que desta vez de forma xa directa se implica cun partido político, co BNG, para tratar, unha vez mais, de axudar a que Xinzo nuns anos sexa mellor que o que agora nos toca vivir.

Sorte.