Catro cafes cos "cuartos"-Ricardo Sieiro

Ricardo Sieiro
Catro cafes cos "cuartos"-Ricardo Sieiro
Posiblemente dos números catro das catro candidaturas con posibilidade de chegar a este número, Ricardo Sieiro, sexa un dos máis coñecidos publicamente, pero non tanto a nivel persoal

Trataremos de saber un pouco dun candidato que intenta repetir como concelleiro. A súa experiencia na política pasou de estar en dúas lexislaturas no número en que remataban os conseguidos, entrando na etapa máis convulsa para o PP (algo para esquecer, segundo afirma) e na que estamos que formou tamén parte, entrando no (2º tempo), e preparándose agora para que o catro sexa un dos 7 que pretende conseguir o PP o próximo 28.

Aínda que de primeiras pareza unha persoa seria e pouco accesible, afirma primeiro e confirma despois que todo o contrario, que a el lle gusta moito unha boa conversa, pero solo con quen quere conversar con el. Pasamos xa a conversa despois dos primeiros sorbos ao cafe.

Non che podo preguntar a idade xa?

Eu teño 54 anos, vou facer 55. Nacín no 68, son de Novembro, co cal aínda estou nos 54 aínda me quedan uns meses para os 55. Nacín en Xinzo, vivín en Xinzo ata que acabei o instituto, no que se chamaba entón IBE Xinzo, non tiña nome, como agora o Lagoa de Antela. E despois me fun a Santiago, fixen Filoloxía Inglesa, e a partir de aí estiven en moitos sitios; vivín en Madrid...

Espera, espera, non corras tanto, e por que Filoloxía Inglesa?

Xa naquela época o que había, que era obrigatorio tanto na EXB coma no instituto era francés. A min dábaseme moi ben o francés, sempre tiven facilidade para os idiomas. Realmente o que eu quería estudar era filoloxía francesa, pero cando empecei no instituto , eran 4 primeiros de bacharelato, 3 de francés e 1 de inglés, naquel momento o francés estaba un pouco en boga, pero cando eu acabei en COU, 4 anos despois xa había en primeiro 3 de inglés e 1 de francés. Entón dixen “ me parece que me vou a equivocar se estudo francés, porque parece que isto vai a menos”, entón decidín empezar de cero con inglés. Non me equivoquei para nada, porque tamén resultou doado estudalo, non me resultou complicado e a parte pois era un idioma novo, dende raíz con un nivel importante.

O amor levouno a Madrid e a traballar de porta a porta, a unha oficina de anulación do R.A.I. e vendendo pisos, algo que lle deu moita experiencia para a actividade política posterior. Non en vano na política hai que falar con moita xente.

2
Ricardo

Unha vez que rematei, avatares da vida leváronme a Madrid, caseime, entón a miña ex-muller vivía en Madrid, era funcionaria, é funcionaria a día de hoxe e o seu traballo pois estaba alí. Entón nada mais acabar a carreira, decidín facer a vida con ela e ala nos fomos para Madrid. Alí, evidentemente, había que traballar, e había que traballar xa, entón empecei a facelo. O meu primeiro traballo foi vendendo libros, porta a porta, e estiven case un ano vendendo libros, aí aprendín moitas cousas boas e moitas cousas malas do mundillo empresarial, foi unha experiencia moi boa, foi coma unha bafexada da vida naquel momento. E despois estiven facendo unha cousa moi curiosa, que ninguén sabe, que é anulacións do RAI (Rexistro de Activos Impagados), estiven 6 meses. Era un traballo mais cómodo, porque o faciamos en oficina e gustoume, o mesmo tempo ía preparando a oposición, durante ese tempo. Despois paseime a unha inmobiliaria no centro de Madrid, estiven outros 6 meses vendendo pisos, que me gustaba moito mais, pero todos os traballos me involucraban demasiado tempo e non tiña tempo para preparar a oposición, entón ao final decidín volver para acá, a miña muller estaba pedindo traslados para poder virse para acá, e dixen, pois vou indo eu me preparo a oposición. Estivemos así uns aniños, eu empecei a traballar aquí en Xinzo en academias ao mesmo tempo ía preparando a oposición, e así foron pasando os anos.

De Xinzo a Vigo e de volta para Xinzo para facerse cargo da labor de coidar ao seu fillo polas mañás e a academia polas tardes.

Despois xa naceu o primeiro fillo, iso nos levou a Vigo, ela non conseguira traslado para aquí senón para Vigo e decidimos que os nosos fillos estiveran connosco, xa estiveramos moito tempo separados, entón facer unha vida en común, e esa foi a maneira de que acabaramos en Vigo. En Vigo estivemos uns anos, ela seguiu concursando, e o final eu deixei un pouco aparcado o tema da oposición porque quería centrarme no coidado dos meus fillos, eu traballaba en academias por as tardes, ela era funcionaria e traballaba polas mañas e desa maneira sempre tivemos a posibilidade de estar os dous cos nosos fillos, tanto con el como despois con ela, e así estivemos moitos anos. Eu fun aparcando o tema da oposición, íame moi ben dando clases particulares, e a nivel persoal estaba moi ben tamén polo tema familiar, co cal pois seguimos un pouco así.

Tes dous fillos? Un fillo e unha filla?

Si, o meu fillo ten 25, e a miña filla ten 19 xa. Viven aquí en Xinzo, están tanto comigo como coa súa nai, vivimos na mesma rúa os dous, co cal están onde lles apetece en cada momento, para nos o mais importante eran os nosos fillos, tanto para ela como para min, entón temos ese nexo de unión que para nos era por encima de todo. É o mais importante que hai.

Parabéns e felicitacións por iso, porque a verdade é que non é o habitual

Gracias, e entón pois a partir de aí eu seguín sempre traballando, estiven traballando como profesor de inglés, hoxe son profesor de inglés freelance, e dicir, estou por a miña conta, tamén dou algún cursiño si me sae, ou traballo puntual e algunha academia que poida , pero normalmente traballo freelance, e dicir por a miña conta. Eu teño o meu grupo de alumnos, teño clases online tamén, fago traducións se me coincide e tradución de documentos xurados, e estou contento co meu traballo, porque me permite unha liberdade e unha maneira de facer as cousas o meu xeito que doutra maneira non podería. Entón quedou aquelo de ser profesor de secundaria, que seria neste caso de bacharelato pois un pouco aparcado, porque realmente hoxe vendo como esta o mundo da ensinanza pois cada vez me apetece menos.

Un inciso, cando falaches de que non te equivocaches, a dia de hoxe si que estas moi equivocado, porque os profesores de francés colócanse o dia seguinte.

Si. Pero fíxate que eu non son solo profesor de inglés, evidentemente o inglés é a miña especialidade, pero eu estudie tamén, como o francés me gustaba moito e se me daba moi ben, rematei todo o ciclo da Escola de Idiomas de entón, pois remateino no ano 99-2000 debín acabar e fixen o ciclo superior da Escola de Idiomas, entón hoxe eu teño un B2 de francés que tamén me capacita, de feito dou clases de francés tamén.

A súa ida a Alemaña, non foi unha fuxida?

Para nada, decidín aprender un idioma novo e me fun a Alemaña. Tiña a posibilidade de traballar alí , marcharme para ala e estudie alemán, hoxe teño un B2 de alemán tamén, entón por aí fun ampliando un pouco ou meu espectro laboral, e hoxe a verdade é que me sinto cómodo en calquera dos idiomas e traballando da maneira en que traballo.

O meu sitio de referencia sempre é Xinzo

1

Hoxe non importa en onde este, o meu sitio de referencia sempre é Xinzo, evidentemente, polos meus fillos, pola miña familia. No momento en que o meu pai falece teño aí un vinculo e unha obriga persoal coa miña nai, por iso decido facer a miña vida aquí mais permanente, pero podo dicir que son unha persoa moi inquieta, a nivel laboral e a nivel persoal, e dicir, non me gusta estar no mesmo sitio moito tempo.

E esa etapa de Alemaña?

Para min Alemaña foi unha sorpresa, porque eu fun ca idea de estar un ano, tiña unha oportunidade laboral alí cun familiar, e facía tempo que me andaba detrás dicindo que haber cando quixera que traballara con el, entón decidín aproveitar o momento. E foi tamén un pouco, quizais por cansancio, entón decidín ir a probar e coñecer outra cultura, que me apetecía moito, outra maneira de vivir, pero a miña idea era estar un ano e nada mais, facer ata o B1 en Alemaña e virme, pero atopeime tan a gusto que xa decidira quedarme alí, realmente decidín facer a miña vida alí, naquel momento pero a política me reclamou

Chega a política, enrolácheste primeiro antes de marchar

Pero iso ten unha explicación moi doada, igual que eu me fun a Alemaña ca idea de estar un ano e volver, a miña volta era so para un ano, rematar aquela lexislatura porque eu estiven como concelleiro 14 meses xustos, comecei en Abril do 18 e en Maio do 19 rematei. Entón a miña idea era vir, aproveitar ese tempo aquí ca miña familia, dedícome a política, porque me quedou esa espiniña aí cravada, porque sempre estiven, salvo esta vez, estiven no borde, e dicir na primeira lexislatura quedei por un concelleiro, na segunda quedei por 2 concelleiros, sempre estiven aí. O meu obxectivo de meterme en política é ser concelleiro, senón non me aporta nada, entón quedei as portas e tiña esa posibilidade de vir, quitarme esa espiniña de ser concelleiro durante un ano e tampouco perder alí (en Alemaña). A miña idea era volver para acá, pasar un ano cos meus fillos e a miña familia, estar un pouco mais en contacto con eles, vivir un pouco e aportar un pouco na política para ver si eu era quen pensaba ser, a nivel político que podía dar algo por os meus veciños e o cabo dese tempo marcharme, voltar outra vez para Alemaña, pero o amor chamou a miña porta e aquí me quedei.

O final ti fas plans pero a vida fai plans por ti moitas veces, entón esa foi a razón de que me quedara aquí.

Esa volta e esa época, foi unha época convulsa para o Partido Popular

Totalmente, e eu cheguei quizais no peor momento que podía chegar a política. Pero tamén por iso me sinto mais orgulloso por iso, porque foi un ano para min no que puiden demostrar que se poden facer cousas a pesar da situación que podía haber convulsa, da falta de presuposto que sempre se achaca. E eu vou a presumir un pouquiño, estiven un ano e hai moitas cousas aquí que promovín eu, e dicir que de iso si que estou orgulloso, non fai falta que as enumere ou si?

jajaja, si queres si

Pois o parque do grupo San Sebastián, fíxose sendo eu concelleiro. A rúa do Peto empedrouse sendo eu concelleiro, a avenida de Celanova que estaba xa de antes, desenroleina eu sendo concelleiro e que é hoxe Sitibal e Cepetal son rúas que proxectaron e saíron a concurso sendo eu concelleiro tamén, co cal a parte de cousiñas pequeniñas que se foron facendo polo pobo, que para un ano eu creo que non esta nada mal. E me sentín orgulloso de ter esa capacidade de poder mellorar a vida os veciños. Para min a política é iso, simplemente iso, non é un medio en si mesmo como pode ser para moita xente, senón un fin, que tamén que ser un medio evidentemente se ti de algunha maneira te podes dedicara política é porque ou tes a túa vida resolta ou tes un sueldiño ou algo, e dicir do aire non se vive. Entón eu creo que a ninguén lle pode estrañar que eu tivera unha dedicación exclusiva nese momento.

Iso foi unha situación que neste concello nunca se deu, sen embargo despois dese momento criticado por todos, resulta que agora antes era unha media dedicación e agora son 3 e non pasa nada.

Precisamente estou moi doído con esa xente que hoxe esta gobernando por ese mesmo motivo. A min “despellejaronme” en todos cantos plenos houbo.

Pódese entender a política como algo altruísta pero hoxe demostran que non é así, que eles tamén están cobrando, e temos unha señora alcaldesa que esta cobrando da Deputación e do Concello, a ela que se lle enchía tanto a boca protestando pola miña dedicación. Eu creo que o que hai que ser en política e na vida é ser coherentes.

Xa estamos nos momentos de hoxe en día que te volves a enrolar na política, segues dando clase

Non deixe nunca de estar enrolado na política, por moito que se me achaque neste pobo que se as miñas ideas de esquerdas, que si era moi critico co Partido Popular, porque é verdade, eu como cidadán fora dun partido político e fora dunha lista de candidatura política podo ser critico co grupo de goberno, por suposto, naquel momento era o partido popular como si houbera sido calquera outro partido no goberno. Eu son veciño e como veciño teño dereito a criticar aquelo que me parece mal, a xente pensaba que por iso estaba en contra do Partido Popular e iso non é verdade, a ver quen hai neste pobo que me diga que eu estiven militando en ningún partido, porque é mentira. A miña primeira incursión en política foi co Partido Popular e eu so militei no Partido Popular, fai un ano son militante, ata ese momento nin sequera o era. Entón tomei partido por esta tendencia política e aquí estou e sempre estiven aquí, e dicir, nunca me fun de aí, entón eu creo que o meu 4º posto é mais que merecido. Porque hai un traballo previo, e unha lealdade e unha experiencia.

Evidentemente as clases sempre estiveron excepto no período cando era concelleiro aquí, seguía dando clases evidentemente, porque eu tiña unha dedicación parcial, entón permitíame seguir traballando pola miña conta, salvo cando estiven residindo en Alemaña que traballaba en hostaleira , que evidentemente non me quedaba tempo para nada mais que para estudar e traballar, non podía dedicarme a ensinanza, do resto sempre, sempre estiven na ensinanza toda a miña vida.

Nesa segunda etapa no Partido Popular entras nun momento polémico, parece que onde estas ti hai a polémica, jajaja

Parece que son eu o que trae a polémica, jajaja pero vai ser que non, eu creo que traio a calma, a polémica rodéame pero eu non son polémico ou pretendo non selo.

Independentemente de que ala dedicábaste a traballar na hostalaría e aquí traballas de profesor, que traerías de Alemaña a Xinzo?

O primeiro o civismo da xente alemana, o sentido de colectividade, ese sentido de deber co público, e dicir o alemán esixe moito pero tamén da, en Alemaña non lle ofrezas a ninguén unha factura en B porque automaticamente descolga o telefono e denúnciate. En Alemaña todo o mundo sabe que ten que pagar os impostos e esta orgulloso de pagar os impostos que paga e quere contrapartidas, así é como funciona todo, como funciona a educación, como funciona a sanidade, como funcionan as obras publicas. Eu quixera iso, pero sobre todo o civismo alemán, a min chámame moito a atención chegar a Düsseldorf, unha cidade con case 1 millón de habitantes, a capital de Alemaña do norte, é unha das cidades mais potentes de Alemaña e ten moitísimo movemento económico, o poder adquisitivo da cidade é moi alto, entón hai moita emigración , moitísima xente de todos os países, de todas as partes pero chámanme a atención moitas cousas, no sentido de que o sistema publico de esa cidade de transporte é aberto e público, e dicir, evidentemente ti tes que pagar, pero non tes ningunha barreira que che obrigue a pagar, ti entras libremente, todo o mundo paga. Ese sistema eu dicía, si iso se fai en España, esa empresa en 3 meses esta quebrada, non pagaría ninguén. Alí non é posible porque a xente sabe que para que iso funcione hai que pagar, a xente sabe que para cruzar por unha rúa hai que cruzar por o paso de peóns e se cruzas mal chámante a atención, a xente sabe que non se rompen as cousas, non hai vandalismo, non hai falta de civismo, a xente non fala a gritos nos restaurantes, nas cafetarías iso é o que mais notas. Cando volves aquí di “pero que barullo hai aquí”. Iso o civismo, o tema do compromiso social con todo e a orde, é un pais que da sensación de orde, moito orde.

Como se vive esa campaña sendo mais participativo?

Evidentemente iso cambia, non é mesmo ir nun posto baixo que ir na saída, por dicilo así, entón aínda que todos os postos poden ser de saída ata onde marcan a maioría, eu me sinto con moita mais responsabilidade desta vez ca ningunha outra. Síntome con responsabilidade para cos veciños e con responsabilidade para os compañeiros de candidatura. Sinto que é unha candidatura moi cohesionada, me sinto moi agusto, hai moita xente nova con moitísima ilusión, entón véxoos a eles como me vin a min fai 8 anos. Fai 8 anos eu estaba nese mesmo punto, non tiña nin idea do que era a política e alguén me dixo se os quería acompañar e dixen SI, paréceme que podo facer algo polo pobo, paréceme que podo aportar algo, vou a ir con vos, pero tamén estaba un pouco a expectativa. Hoxe si que me sinto moito mais seguro, moito mais tranquilo, eu hoxe estouno pasando moi ben coa campaña, me sinto útil, sinto os meus compañeiros súper ilusionados, con moitas ganas, con moita forza.

Falaches antes de que habías asumido de acordo coa túa parella que ti te encargabas das tarefas do fogar

Non, repartiamos tempos, eu estaba pola maña e ela por as tardes.

Nun pobo coma este ti notabas algo?

Sí, iso foi así cando naceu o meu primeiro fillo, nos estabamos en Vigo, ata os 3 de Álvaro, o meu fillo maior, non viñemos para Xinzo, decidimos escolarizalo aquí porque a miña ex-muller conseguiu un traslado para Ourense, e decidimos matriculalo en Xinzo para que xa seguira todo e non cambialo a medio curso. Entón viñemos para aquí e si que notei moitísimo cambio, e dicir, cando ía por as mañas a facer a compra co meu rapaz no carriño a xente mirábame raro, despois con Mencía, a miña segunda filla, xa non pasaba, pero o principio si que chocaba, a min dábame igual, ía o colexio, levaba o neno o colexio e alí so había nais e so estaba eu como pai, aínda que algún outro había, pero a inmensa maioría eran nais, nas reunións cos titores estaba eu.

E houbo un detalle moi curioso, porque recen chegados aquí, o primeiro dia de colexio todos os nenos do colexio choraban pola súa nai, excepto o meu que choraba polo seu pai, entón cando cheguei a buscar o neno a mediodía o primeiro dia, dime a profesora, que non sabia como dicirme, mira pero a nai do neno morreu, porque estiveron todos chorando pola súa nai e o teu era o único que choraba polo seu pai, e ela pensou que a súa nai non vivía, que non tiña nai o rapaz. Entón dígolle, si que ten, o que pasa que a primeira persoa que ve pola maña son eu, e a persoa coa que come todos os dias son eu, entón por a maña son eu o seu referente, seguramente si se sinte solo por a tarde chamara por a súa nai, que é quen esta con el sempre. E a partir de aí xa foron normalizándose as cousas pouco a pouco, e a min a xente sempre me veu como un pouco alternativo. Pero eu sempre feliz, por suposto. Sempre estiven orgulloso de que son e como son.

Pois espero que a partir deste café, a xente coñeza máis a Ricardo, como me pasa a min, e como el di, os que queiran unha conversa tranquila e pracenteira, aquí está el.