sábado. 03.06.2023

Catro cafés cos "cuartos"

Desta vez queremos coñecer un pouco máis aos números catro das candidaturas por Xinzo.

Mural números 4
Mural números 4

Primeiramente temos que explicar por que os números catro. Entendemos que os primeiros de da candidatura, xa son suficientemente coñecidos, pero o mesmo que nos pasaba a nos a compoñentes das listas, xa non tanto. Así foi como comezou esta nova aventura e como non nos daba tempo de coñecer máis profundamente a todos escollemos aos números catro polo seguinte motivo, que esperemos que todos entendan.

Os números catro destas eleccións, van a significar moito, nuns casos para ben, noutro, para non tan ben, e noutros como aspiración lexítima aínda que coidamos que con non moitas probabilidades.

E como o sábado será o día de reflexión, nos subiremos as catro charlas subirémolas mañá  xoves a partir das 12:00 con intervalos de unha hora.

Esperemos que todos entendan o do número 4 e polo menos coñezamos un pouco máis a catro veciños nosos.