"Coa única intención e impedir que o pp volva a revalidar a maioria a absoluta que agora asunción Morgade ostenta"

Candidatura de AGER
"Coa única intención e impedir que o pp volva a revalidar a maioria a absoluta que agora asunción Morgade ostenta"
Juán Fco. García González, volve encabezar a lista de AGER por Rairiz de Veiga

Juan Francisco Garcia Gonzalez, concellal de AGER (AGRUPACION DE ELECTORES DE RAIRIZ DE VEIGA) e que na actualidade conta con 2 concellais na oposición, (xunto con 2 do PSOE) Encabeza a candidatura para estes comicios electorais do 28 M

Coa única intención e impedir que o pp volva a revalidar a maioria a absoluta que agora asunción Morgade ostenta

Facendo coincidir co festivo dos maios, fan chegar a todolos veciños de Rairiz As coplas da política local, que según eles encherian un xornal,

Despois de que a alcaldesa do pp se pasara o psoe, e o cuarto da sua lista encabezara a candidatura dos populares, co único obxectivo de obter un beneficio persoal (como xa se publicou no seu dia), dende AGER Amosanse fartos de que usen os seus votos a favor dos políticos e non en beneficio do pobo argumentando que as siglas non importan

Animados a presentarse as eleccions do 28M por unha masa critica de votantes cabreados con estas manganchas electorais que tantos os cabrean e os denaniman, volven aparecer en escena con este novo AGER

Tiran de inxenio e pretenden deste xeito facer reflexionar os electores para que non se deixen manipular mais,, apelando a que Raririz merece uns políticos comprometidos e valentes, que non teñen absolutamente nada que perder presentándose, pero que están fartos de calar e mirar para outro

AGER QUERE DAR MOITO QUE FALAR E QUE PENSAR

O CONCELLO DE RAIRIZ, ten que deixar de ser o hazmereir da Limia, primeiro cun alcalde do bng que se pasou o pp e foi condenado a inhabilitación para cargo publico durante 8 anos e medio e agora co transfugismo da alcaldesa popular