Confirmada a presenza de Montse Lama nunha lista do PP dun concello da Limia.

Montse Lama (foto de arquivo)
Confirmada a presenza de Montse Lama nunha lista do PP dun concello da Limia.
Nesta ocasión no será nas listas de Xinzo. Irá de nº 2 na lista do PP de Vilar de Barrio.

Esta mesma mañá confirmouse oficialmente que a concelleira, neste momento en Xinzo, (Non adscrita) , aínda que nas filas do PP de Ourense, volverá a formar parte dunha lista as eleccións municipais, confirmando así os rumores das últimas semanas, sobre as distintas localidades na que "aterrizaría" a aínda concelleira de Xinzo.

Oscar Seguín, candidato polo PP a alcaldía de Vilar de Barrio, confirmou a este dixital que a deputada Provincial Montse Lama ocupará o nº 2 da súa lista.