Un debate de nivel e de récords

Final do debate, candidatos, moderador e cronometradora
Un debate de nivel e de récords

10.868 persoas alcanzadas na conta de facebook e 298 contas alcanzadas en directo por instagram.

Na historia política local da Limia, vai haber un antes e un despois a partir do venres 19.05.23, que pasou a historia pola celebración dun debate electoral entre catro dos cinco candidatos a alcaldía do concello.

Os momentos de humor, tamén foron moitos

O salón da Casa da Cultura estivo ata a bandeira, como nos mellores momentos desta vila, e o público non solo respondeu coa súa presenza, se non coa súa resposta a cada unha das intervencións dos candidatos. Un exemplo para que noutros sitios saiban como hai que seguir un debate entre persoas que posiblemente, as súas opinións estean nas súas antípodas da ideoloxía de cada un dos presentes.

Grazas ao público asistente de parte de dendealimia.com, para o que tamén pensamos que haberá un antes e un despois para o xornal despois deste venres.

Durante o sábao, tanto de mañá como de tarde nas rúas o tema de conversación era o debate, e tamén por que non dicilo, as ausencias.

E sobre todo, agradecer aos candidatos a presenza, despois da nosa invitación, a cal contestaron positivamente e inmediatamente. Tamén sentir que a outra formación non asistira, esperando que en próximas ocasións cambie de opinión.