Elvira Lama apela, nun comunicado da súa conta particular, aos principios
Foron catro anos duros e difíciles gobernando un concello con graves carencias económicas, soñando e conseguindo proxectos en grande para mellorar a vida dos veciños e veciñas a quen servín con lealdade. Foron catro anos de honra e orgullo, sendo a alcaldesa de todos e de todas, escoitando cada día as súas preocupaciones e os seus problemas, tentando solucionar aqueles que se podía.
Falou o Pobo e desta vez avalou o traballo do grupo de goberno, dando un concelleir@ máis a cada unha das forzas, 9 fronte a 4. Malia ese resultado, a vontade das elección pode mudar mañá si o partido mais votado, o PSdG-PSOE Non é apoiado por AXIL.
Despois de longa espera, anuncian “malas noticias” nunha clara negociación pactada co PP dende hai tempo. Só queda agardar a que algún vello socialista teña principios e se manteña firme no pleno de investidura, que tera lugar no Salón de plenos do concello as 13:00h.
🌹Porque foron, somos e porque somos, serán. Así é como se escribe a Historia.🌹