Elvira Lama, máis preto da presidencia da Deputación Provincial
Elvira Lama realizará o último acto como alcaldesa desta lexislatura esta mañá as 11 para a celebración dunha voda.
A partir das 13:00 comezará o pleno extraordinario para elección do novo mandatario de Xinzo para os seguintes catro anos. O pleno de constitución estará presidido por Carlos Gómez, por ser o membro electo de maior idade, actuando como secretaria a concelleira electa de menor idade que é Patricia, concelleira tamén do PP. Unha vez recollidos os xuramentos dos novos edís procederase a votación, en furna ou man alzada, segundo se acorde, e desta votación sairá o alcalde, que neste caso por acordo entre o PP e AXIL, será Amador Díaz, que recibirá os votos do Partido Popular.
ELVIRA LAMA PRESIDENTA?
Ca situación de Elvira Lama, sen ser novamente alcaldesa, estaría en “liña de saída” ben posicionada para que no caso que a Deputación Provincial quedase nas mans do PP, ela optaría con moitas posibilidades para ser a presidenta do ente provincial.
Nestes momentos nada se sabe das negociacións sobre este tema, aínda que nas últimas horas de onte se soubo que tanto PP como PSOE están negociando con Jácome esta cuestión.