Estrea ilusionante do proxecto do BNG de Xinzo de Limia

Primeiros 5 postos da candidatura do BNG en Xinzo
Estrea ilusionante do proxecto do BNG de Xinzo de Limia

Camilo Vila baixo o lema “UN CONCELLO DE 10, UN CONCELLO DE 10.000”, desenvolveu as cinco ideas sobre as que pivota a proposta nacionalista para Xinzo de Limia

O BNG de Xinzo de Limia presentou na tarde de hoxe, venres 17, o seu proxecto para as eleccións municipais de maio. Baixo o lema “UN CONCELLO DE 10, UN CONCELLO DE 10.000.”, Camilo Vila, candidato á alcaldía de Xinzo de Limia polo BNG, desenvolveu as 5 ideas sobre as que pivota a súa proposta: “Medrar en Xinzo; Traballar en Xinzo; Vivir en Xinzo; Coidar en Xinzo e Desfrutar en Xinzo”.

Carlos (Responsable BNG Xinzo)
Carlos (Responsable BNG Xinzo)

Máis de 150 persoas acudiron ó acto no que se coñeceron os nomes das persoas fortes do equipo de Vila. Manuel Pozo, enxeñeiro de telecomunicacións e ligado sempre á Anpa do Ceip Carlos Casares; Alba Feixóo, avogada e histórica militante nacionalista; Marta Joga, educadora e vencellada ó ámbito da música tradicional; e Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo en Ourense. Un equipo formado, compensado e ilusionado.

“UN CONCELLO DE 10, UN CONCELLO DE 10.000.”

A grande sorpresa é contar con Manuel Pozo, unha persoa de recoñecida traxectoria profesional e social pero que nunca apoiara a ningunha candidatura. Manuel expuxo que o motivo que o levou a dar o paso é a confianza no proxecto de Vila.

O líder dirixiuse ás persoas asistentes para apelar á forza que está conseguindo o BNG no seu proceso de reconstrución en Xinzo.

Momento da presentación das 5 propostas principais da súa candidatura (Camilo Vila)