Eu presenteime para ser alcalde (Amador Díaz)

Imaxe de arquivo do último pleno que mudará a partir de mañá
Eu presenteime para ser alcalde (Amador Díaz)

AXIL, recibirá os votos do PP e Amador Díaz será o próximo alcalde de Xinzo

Esta tarde noite os teléfonos e as redes sociais ardían, sobre todo a partir dun comentario dun concelleiro do PSOE, Rafa Penabad, que daban a entender que o pacto PSOE-AXIL tiña poucas posibilidades de ir adiante.

Comunicado de AMADOR a ELVIRA

Sobre as 10 da noite Elvira Lama recibe unha chamada de Amador na que lle comunica que non vai aceptar as condicións para o pacto que lle ofrecía Elvira. A esa hora chamaba a Antonio Fernández (Toni) para comunicarlle tamén que a asemblea do seu partido celebrada pouco antes aceptaba as propostas do PP, entre as que ademais de outras cuestións que iremos vendo mais adiante, acéptalle os seus votos para facelo alcalde.

Desta maneira péchase o “día mais longo” e Amador Díaz, se nada se torce ata ás 13:00 hora na que están convocados os novos edís, será investido alcalde de Xinzo.

Amador Díaz acaba de manifestar a dendealimia, que el presentouse as eleccións para ser alcalde, polo que está no pleno dereito de selo.