GALIZA NOVA xunta á mocidade para deseñar o futuro de Xinzo

galizanova (1)
GALIZA NOVA xunta á mocidade para deseñar o futuro de Xinzo
O sábado 29 ás 12h no café cultural Ítaca

A organización xuvenil do Bng en Xinzo de Limia organiza un acto aberto para toda a mocidade do concello para reflexionar sobre a evolución e o estado do seu municipio e, sobre todo, para definir as súas demandas e propostas para o futuro da vila e dos pobos que habitan.

galizanova (4)
galizanova (4)

Galiza Nova-Xinzo pasa polo seu mellor momento en canto a número de militantes e actividade realiza e quere aproveitar esta dinámica de crecemento e capacidade de impacto na xuventude para darlle voz ás xeracións que marcarán o futuro inmediato limiao.

O acto será o sábado 29 ás 12h no café cultural Ítaca. Conducirá a responsable local da organización Xaira Pena, posto 7º na lista que lidera Camilo Vila e contará tamén coa participación de Mirian Opazo, (posto 6º na lista do Bng), Malco Garrido (responsable comarcal de Galiza Nova e suplente 2º en Xinzo), Brais Valencia (suplente 4º) ou de Borja Rubén Domínguez (suplente 6º). Cinco persoas a canteira do Bng que deron un paso adiante e participan con protagonismo no proxecto de Camilo Vila para o Concello de Xinzo.

Así as cousas, a mocidade limiá terá voz para explicar como queren Medrar en Xinzo, Vivir en Xinzo, Traballar en Xinzo, Coidar en Xinzo e Desfrutar en Xinzo.

O acto é público e está aberto á participación ata completar o aforo.