Foron presentados xa os aspirantes ás alcaldías da Limia por parte de Partido Popular.
Recordemos que nesta lexislatura o PP mantén 7 alcaldías con maioría absoluta.
Para estas eleccións 2023 presenta dúas “caras” novas en concellos onde non ten a alcaldía, como son as de V. De Barrio e V. De Santos e repite candidato en Xinzo, Calvos e Sandiás.
GOLPE DE MAN EN RAIRIZ
A única candidatura que cambia como aspirante a alcaldía, tendo neste momento maioría absoluta, tendo tamén a alcaldía é a de Rairiz de Veiga onde substitúe a Asunción Morgade, despois de dúas lexislaturas, sen que a día de hoxe se saiban as circunstancias. Dis que din que outra vez máis están detrás os fíos que manexa aínda o alcalde condenado Xaquín Rodríguez, que aínda non pode voltar a ser candidato.