Á LUZ A IMAXE DE CAMPAÑA DO BNG DE XINZO

Á LUZ A IMAXE DE CAMPAÑA DO BNG DE XINZO

Camilo Vila presentou a imaxe corporativa do Bloque para a campaña electoral que comeza en apenas cinco días.

Baixo o lema “Xinzo Merece Máis”, o Bng de Xinzo afronta unhas semanas intensas nas que debe refrendar o traballo que vén desenvolvendo nos últimos meses. Camilo Vila exhibiu a imaxe gráfica no Parque do Pombal antes de compartila ante as cámaras na sede do Bng nas Galerías S.XXI de Xinzo.

A directora de comunicación, Mirian Opazo escolleu unha localización simbólica para a foto, o Barrio Dabaixo, no corazón de Xinzo. “Pensámolo coma unha aposta polo Xinzo que queremos, o Xinzo vivo no comercio, na hostalería e nas casas”. Aparecen as 22 persoas que acompañan a Vila, sempre flanqueado polo enxeñeiro Manuel Pozo e a avogada Alba Feixoo. A elección non é casual, o Bng de Xinzo apostará por rúas nas que camiñar.

Mirian Opazo, explicou que “tiñamos que transmitir tamén con iso o que vimos amosando nos meses anteriores: calidade no traballo e talante positivo (...) e co Camilo é fácil, el confía en min e eu nel”.

O Bng está preparado así para arrancar a campaña na noite do xoves ó venres.