PSdG-PSOE
O primeiro partido que comezará o último acto de campaña será o PSdG-PSOE que o fará coa visita do Ministro de Sanidade Jose Miñones. Recordar que Miñones foi un dos impulsores do proxecto estrela do PSOE(Humanización da avenida de Ourense e Madrid) cando era Delegado do Goberno en Galicia. O Ministro estará en Xinzo , acompañando a Elvira e “os seus” a partir das 18:30. O mitin de peche de campaña farao Elvira e a súa candidatura ás 20:30 na praza Xoán XXIII. Como fin de festa terán “petiscos e Dj en vivo”

AXIL
Un pouco máis tarde da visita do ministro comezará a Festa/Mitin de AXIL que como fai catro anos será na parque do Toural. O completo programa dos de Alternativa por Xinzo comezará ás 19:30 coa actuación musical dun dúo.
A mesma hora que Elvira 20:30, subirá ao escenario Amador Díaz para falarlle aos militantes e simpatizantes e solicitarlle o voto para o 28 M. E rematada a intervención de Amador, o programa anuncia para as 21:00 unha cea popular con queimada e actuación tamén doutro Dj.
BNG
O partido liderado en Xinzo por Camilo Vila comezarán o seu último mitin desta campaña ás 20:00 na Praza S.Roque. Ademais de Camilo intervirán tamén Manuel Pozo, Alba Feixóo, Xaira Pena e Ramiro Rodríguez, todos eles presentados e coordinados pola que exerceu a comunicación da campaña Mirian Opazo.
PPdG
E por último, por horario de comezo, o PP reunirá aos seus na Casa da Cultura ás 21:30. “Toni” Fernández estará acompañado e arroupado polo Conselleiro de Medio Rural, Jose González e o Presidente do partido a nivel provincial Manuel Baltar.