No percorrido pola vila ourensá tiveron ocasión de observar as impresións da veciñanza e comprobar a proximidade e confianza que esperta a candidata popular entre os seus veciños. De feito, Paula Prado encomiou o “proceso de escoita á cidadanía” emprendida pola súa candidatura para a elaboración do seu proxecto encamiñado a xestionar a alcaldía.

A candidata popular sinalou que sen escoitar non se pode avanzar como sociedade e que sen estar ao carón dos problemas dos veciños non hai posibilidade de resolvelos. Unha actitude que Paula Prado puxo en valor, resaltando que o proxecto de Remedios Cid está baseado en primeiro lugar nas persoas, como perfecta coñecedora da situación social do municipio polo seu traballo directo e preto dos veciños.