sábado. 30.09.2023

Piden a dimisión de Elvira Lama

O Partido Popular de Xinzo acredita unha vez mais que Elvira Lama alcaldesa de Xinzo e deputada provincial, vota en contra dos intereses dos veciños e veciñas do noso concello.

Pleno ordinario da Deputación Ourense correspondente ó mes de febreiro de 2023. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º);
Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Grupo de Non Adscritos); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Gonzalo Pérez Jácome (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).
Pleno ordinario da Deputación Ourense correspondente ó mes de febreiro de 2023.

O Partido Popular de Xinzo, considera que Elvira Lama queda absolutamente inhabilitada como rexedora municipal, E DEBERÍA PRESENTAR A SUA DIMISIÓN DE XEITO INMEDIATO ó demostrar unha vez mais, a sua irresponsabilidade e falta de compromiso como Alcaldesa de Xinzo, cos seus veciños e veciñas; pedindo cunha mao, e levantando a outra para votar en contra das axudas que estes solicitan e necesitan.

IMG-20230224-WA0012
Momento da votación

Os Populares Limiaos lamentamos que a Sra. Lama prefira ganar o favor do seu Partido e dos seus xefes Sanchistas, criticando a Deputación Provincial e ao Partido Popular, para que os amados lideres a sigan mantendo no posto de Deputada Provincial Socialista e na Executiva do seu partido.      

Segundo os Populares:  

NESTA OCASIÓN, A ALCALDESA REXEITOU A CONCESIÓN DE:

60.000€ PARA A ADQUISICIÓN DUN EDIFICIO NA PRAZA MAIOR PARA A FUNDACIÓN CARLOS CASARES, E DE OUTRAS COMO A DE

27.000€ PARA O ANTELA FÚTBOL CLUB, QUE A ENTIDADE DEPORTIVA TIÑA SOLICITADO CON MOTIVO DA RECENTE CELEBRACIÓN DO SEU CENTENARIO.

DE OUTRA MAIS DE

15.000€ PARA A CELEBRACIÓN DA 1ª FASE DO XIV CERTAME CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS OU DE

90.000€ PARA OS GDR, 30.000€ DELES PARA O GDR LIMIA-ARNOIA.