O PSDEG-PSOE AFIRMA QUE A CANDIDATURA SOCIALISTA DE VILAR DE BARRIO ASPIRA A GOBERNAR O MUNICIPIO, COAS PERSOAS COMO EIXO “FUNDAMENTAL” DAS POLÍTICAS MUNICIPAIS

Mitin PSdG-PSOE de Vilar de Barrio
O PSDEG-PSOE AFIRMA QUE A CANDIDATURA SOCIALISTA DE VILAR DE BARRIO ASPIRA A GOBERNAR O MUNICIPIO, COAS PERSOAS COMO EIXO “FUNDAMENTAL” DAS POLÍTICAS MUNICIPAIS
“Traballarei desinteresadamente por este concello se o 28 de maio me dades o voso apoio maioritario” afirmou o candidato, José Benito Souto, que apuntou que “veño traballar a prol da veciñanza”

O PSdeG-PSOE afirmar que a candidatura socialista de Vilar de Barrio aspira a gobernar un municipio no que a veciñanza ten que ser o eixo “fundamental” das políticas municipais. Os e as socialistas sinalan que o PSOE “é a única opción para ter un goberno sólido e de futuro, que permita ao concello avanzar e non retroceder”.

O local social de Arnuide foi o punto escollido para o acto central de campaña do día dos e das socialistas de Vilar de Barrio.Ducias de veciños e veciñas achegáronse para escoitar ao candidato socialista, á alcaldía, José Benito Souto Novo, que estivo arroupado polo seu equipo, ademais de pola deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega; e polo ex alcalde de Maside e director do SEPE, Celso Fernández.

Mitin PSdG-PSOE de Vilar de Barrio
Mitin PSdG-PSOE de Vilar de Barrio

O candidato socialista á alcaldía de Vilar de Barrio, José Benito Souto, destacou durante a súa intervención que “hai xa anos que dixen que se algún día me prexubilaba, gustaríame formar parte das listas do PSdeG-PSOE no noso concello, e aquí estou, loitando cunha xente que me acompaña, e da que estou moi orgulloso”. O cabeza de lista do PSdeG-PSOE no municipio tamén puxo de manifesto que “traballarei desinteresadamente por este concello e se o 28 de maio me dades o voso apoio maioritario, fareino sen un salario a conta das arcas municipais, xa que non veño a vivir da política, senón a traballar a prol da veciñanza”.

Souto analizou polo miúdo o programa electoral, un programa “ambicioso” e co que os e as socialistas buscan que en Vilar de Barrio “haxa futuro”. Entre os eixos fundamentais, o candidato socialista destacou “o apoio ao sector agrícola e gandeiro, motor deste concello e agora esquecido; o impulso do sector industrial e de infraestruturas e servizos, que nos permitan atraer empresas; a atención especializada para aos maiores, coa creación dun centro de día ou residencia; o fomento da natalidade; ou a mellora das infraestruturas e servizos municipais”. www.psdegpsoeourense.es 988 370 386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense PSdeGdeOurense O PSdeG-PSOE de Vilar de Barrio tamén sinala como puntos “clave” para o desenvolvemento do municipio “a instalación total de fibra óptica; a promoción do camiño de Santiago; a defensa dos espazos naturais e do ecosistema; a promoción de festas patrimoniais gastronómicas e de lecer; ou a apertura do concello á veciñanza para poder escoitala como merece e buscar solucións aos problemas que nos trasladen”.

.