Renovación na candidatura do PP en Sandiás

Sixto Traveso Santana (Candidata do PPOU en Sandiás).
Renovación na candidatura do PP en Sandiás
Sixto Traveso será o novo candidato

O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, mantivo un encontro con Sixto Traveso, novo candidato popular en Sandiás nas eleccións municipais do 28 de maio tralo cambio de cabeza de lista aprobado polo Comité Electoral Provincial.

“Sixto Traveso é un excelente candidato e, sobre todo, unha garantía para o futuro de Sandiás”, remarca o presidente provincial sobre un cabeza de lista con “capacidade para artellar xunto ao seu equipo proxectos dinamizadores a través dunha boa xestión municipal e a cooperación entre administracións”.

Manuel Baltar pon en valor “o compromiso de Sixto Traveso, un home namorado do rural e perfectamente coñecedor da súa terra e os fitos que necesita Sandiás para executar políticas reais de impulso ao territorio, ao sector primario e aos emprendedores”.

Pola súa banda, Sixto Traveso reivindica a súa ilusión por liderar un proxecto de cambio para Sandiás: “Quero que o meu pobo medre. Preséntome a estas eleccións porque vexo esgotado e sen visión de futuro o actual goberno, sen obras nin iniciativas mais alá do estritamente obrigatorio e actuacións de mantemento. É necesario un cambio de rumbo no noso concello”.

O cabeza de lista popular explica que, “pese a todas as potencialidades de Sandiás e as excelentes comunicacións”, o equipo de goberno “non explota o que posúe: as festas, magostos, museos, carreiras populares… son herdanzas das que non aportaron nada máis. É como viaxar no tempo… pero para atrás”.

Biografía de Sixto Traveso Santana

Sixto Traveso Santana naceu en Vilariño das Poldras (Sandiás) en 1976. Con estudos de Dereito, é gandeiro.

“Son unha persoa transparente e confiable, emprendedora e defensora do noso rural”, destaca o candidato do PPdeOU en Sandiás.