Rolda de reunións do candidato do BNG Camilo Vila

Camilo Vila e Diego Lourenzo
Rolda de reunións do candidato do BNG Camilo Vila
A primeira visita foi a Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín

Camilo Vila, candidato do BNG á alcaldía de Xinzo de Limia, iniciou hoxe unha rolda de reunións para perfilar o seu proxecto para o concello limiao. Incia esta fase de contactos o Concello de Verín onde estudou co tenente de alcalde, Diego Lourenzo, o modelo de Desenvolvemento Económico e de Participación Social que teñen situado ó goberno de Monterrei coma un referente de xestión nos últimos mandatos.

camilo-diego (4)

Na mañá do venres 10 desprazarase ata o concello de Ribadeo (Lugo) onde se reunirá co alcalde, Fernández Suárez, para estudar o seu plan estratéxico de Turismo e cuxo modelo está sendo replicado en diferentes localizacións a nivel europeo. Na orde do día inclúese o estudo de colaboracións en materia de turismo xeolóxico, un campo aínda por descubrir na Limia e que Camilo Vila está disposto a explorar “os pobos do Concello, moitos deles asentados en chan sedimentario, teñen moito ensinar a través dos seus bolos graníticos”.

A xeira de encontros continuará a próxima semana con visitas a outros consistorios das comarcas lindeiras coa Limia coma Allariz ou Baños de Molgas.

O BNG de Xinzo demostra deste xeito o seu ritmo de traballo e ambicións para o concello.

Algunhas destas improntas estarán presentes no lanzamento do proxecto o 17 de marzo.