Sempre houbo interese por parte de todos, pero o custe do proxecto botou o mesmo moitas veces para atrás, tendo que voltar ao punto de partida. (Jaime Collazo)
Jaime Collazo cura párroco da parroquia de Xinzo, entre outras, sempre tivo máis esperanza que fe, en que a obra de rehabilitación da enorme casa reitoral de Xinzo chegara a ser un feito como o que está a suceder.
Durante a charla fai constar todos os atrancos que houbo dende que parece ser, foi o último empuxón, disto fai 17 anos, para chegar ao mes pasado.
CASE UN ANO PARA QUE AS CATRO PARTES ASINARAN O CONTRATO
Como exemplo último, refírese a que o acordo a catro partes definitivo entre Xunta, Deputación, Bispado de Ourense e Concello de Xinzo, refrendado polos seus gobernos correspondentes foi a primeiros deste ano, e o contrato asinado por todos conseguiuse esta mesma semana.
Recoñecemento explícito por parte de D. Jaime a Antonio Pérez e Carlos Gómez, sen os cales di, isto non sería a realidade que agora está sendo.
Anos mais tarde, sendo alcalde de Xinzo Antonio Pérez e en conversacións cos párrocos de Xinzo interesouse por retomar o tema xa que se via como unha casa tan significativa para o pobo e en tan bo sitio se estaba caendo.
Antonio Pérez, un 26 de decembro levoume a unha audiencia privada co Presidente da Xunta Feijóo, que acolleu a idea moi ben e interesándose e preguntando ao longo destes anos moitas veces, por que non se estaba empezando coa obra, posto que el, naquel mesmo momento dera ordes a Consellería para que aportara a cantidade de 150.000 €, que son os mesmos que aporta máis de 12 anos despois. Propuxo despois ir a Deputación falar con D. J. Manuel Baltar... e alá fomos: tanto un como outro aceptaron axudarnos con ambas subvención de 150.000€; o Concello de Xinzo nunha reunión co Bispo díxonos que aportaría o mesmo (inda que pedían algo a cambio para xustificar a súa aportación). O bispado aportaría tamén a mesma cantidade co cal dabamos xuntado para poder iniciar a obra se Patrimonio rebaixaba as súas exixencias de restauración no interior da casa. Isto último levounos a ter varias conversas con Patrimonio da Xunta chegándonos a xuntar as catro partes e contando coa axuda e colaboración do Deputado Autonómico Carlos Gómez Salgado (que sempre estivo disposto a axudarnos falando repetidas veces co Conselleiro de Cultura, cos de Patrimonio da Xunta, e con outros organismos). Logramos que viñeran dende a Xunta ver a Casa e ver o que se podía facer e conseguimos que o coste da obra quedaron na cantidade que tiñamos.
Continúa relatando D. Jaime, como familiarmente se lle coñece, por diversas circunstancias e tras deixar a alcaldía de Xinzo Antonio Pérez, e pasar por ela tres novos alcaldes...deciden baixar a súa aportación a 50.000€. Ante tal situación y tras varias conversacións decídese non pedir nada a cambio por parte de Concello e as outras partes do convenio deciden adaptar as obras o presuposto actual (150 mil o bispado, a Deputación e a Xunta e 50 0 Concello: 500.000€).
Foi un largo proceso de moitos anos, de moitos acordos e desacordos, de moitos enfados en sen sabores, de moitos atrancos de quen menos o esperabamos, pero grazas as axudas recibidas e o apoio de Antonio Pérez, de Carlos Gómez, e de outros... a obra está en marcha, e Xinzo contará co unha Reitoral restaurada
A nota oficial enviada aos medios D. Jaime remata dicindo dende aquí en nome dos sacerdotes da Parroquia agradecer a todos os que fan posible esta obra e a todos os que colaboraron: A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Xinzo de Limia, o Bispado de Ourense...e, dunha maneira moi especial a Antonio Pérez e a Carlos Gómez, así como a todos aqueles que sempre estiveron a noso lado dispostos a votar unha man. GRAZAS.