Adiós a charanga XL

Charanga xl
Adiós a charanga XL
Os seus últimos concertos serán o 13, neste caso mércores

Os últimos 10 anos da historia musical de Xinzo non se entenderían moi ben sen ter en conta unha das “charangas” que encheron de música, non solo Xinzo e a Limia, se non moitas cidades e pobos de Galicia, España e mesmo Portugal.

Carlos E. Quintas 1
Carlos E. Quintas

Carlos E. Quintas, foi un dos seus fundadores, saídos da Agrupación Musical da Limia, xunto con outros músicos da comarca de Celanova e Baixa Limia, zonas tamén con moita tradición musical. A proba é que aínda chamándose XL (por Xinzo de Limia) a maioría dos seus compoñentes, nesta última etapa, non son de Xinzo.

XINZO-ZAMORA-ASTURIAS …

Recordar con Carlos os moitos lugares visitados pola charanga para cos seus ritmos animar a xente é difícil. Recorda por algún motivo persoal ou colectivo o seu paso polo Festival da Sardiña de Candás en Asturias, ata unha pequena aldea a carón de Lisboa, pasando polo pobo galego co nome máis bonito, Cariño.

20220405_212153

Cóstalle recordar algún dos mellores e dos piores momentos vividos polo grupo. Pero no que non dubida é que os mellores, sempre estiveron no Entroido de Xinzo. No tocante aos peores momentos vividos sinala aquí un ben preto, en Montalegre na celebración dun venres 13, no que tiveron que tocar nevando e con unha temperatura de menos de 10º baixo cero.

O que si está claro e que as actuacións das charangas fanse contra vento, chuvia, frio ou calor abafante, dice Carlos. Como ocorreu nalgunha procesión "case mortal" como puido ser a subida a Virxe do Viso, de máis de unha hora, costa arriba e a máis de 35º, ou algunha non moi lonxe de Xinzo as 12 do mediodía en pleno mes de agosto.Nestes momentos é donde un recoñece de primeira man o dito de “sudar a gota gorda”.

Motivos laboráis e desprazamentos

Os motivos de chegar a este punto de despedida, non son outros que os estrictamente laboráis e de desprazamentos. Xa vamos cumprindo anos e o que máis ou menos, ten os seus traballos esparexidos pola xeografía galega, e faise case imposible desprazarnos todos para ensaiar. Lóxicamente entristécenos moito, pero as leis da natureza, son máis fortes cas gañas. O que si non descartamos é aparecer noutros lugares “musicais”.

20220405_212204

A charanga despedirase co espectáculo “A derradeira”, invítando a todo o mundo a desfrutar dunha última actuación chea de emoción e ledicia, tal e como se ten que despedir a unha charanga da súa calidade.

Nestes momentos é donde un recoñece de primeira man o dito de “sudar a gota gorda”.

Polo tanto, este 13 de abril ás 21:00, na Praza Maior de Xinzo de Limia, comezará un evento cheo de sentimento, tanto para apoiar á difusión dunha curta baseada na tradición da Pantalla, “O Legado”, como para despedir con música e festexos á Charanga XL.