O alcalde de Bande busca alternativas contra a crises

IMG_7781
O alcalde de Bande busca alternativas contra a crises

José Antonio Armada aposta pola formación dos xóvenes para crear emprego e asentar poboación

O mundo rural está en crise. É unha realidade innegable e claramente evidente. Todos os concellos teñen queixas neste sentido. Os programas electorais xiran ao redor deste, pero tamén doutros problemas, como pode ser a crise económica que atravesa o país e que afecta aínda máis ao rural.

José Antonio Armada é o xoven alcalde de Bande. El non quere perder o tempo queixándose de todos os males, sino que proporciona alternativas para poder solventar calquera eventualidade. O seu obxectivo é concienciar a xente de que os pobos SI valen e non hai necesidade algunha de abandonalos.

Para poder cumprir as súas metas ten unha serie de acción para levar a cabo. En primeiro lugar, demostrar aos habitantes de Bande que poden levar unha boa vida sen mudarse a cidade. Neste aspecto, José Antonio recalca que \“temos un patrimonio espectacular ao que lle podemos sacar moito proveito\”. Por esta razón, este alcalde aposta pola formación para poder crear empregos.

Fai pouco tempo, un grupo de xóvenes emprendedores encamiñáronse cara o negocio da resina. A apicultura tamén crea postos de traballo así como as comunidades de montes que é unha alternativa real de traballo para a xente xóven. Outra proposta é formar as persoas mediante os fornos comunitarios.

Por outro lado, o concello de Bande, en colaboración co de Verea e Celanova, quere traer emprendedores de lugares parecidos a Bande para demostrar que é posible crear industria e vivir de forma agradable no rural; impregnándose do seu estilo de vida para logo aplícalo ao noso.

Pero, sen dubida, o punto forte de Bande é a espectacular igrexa gótica de Santa Comba, única por ser das poucas en España. Esta igrexa conta cunhas 25 000 visitas ao ano. Pero tamén o centro de interpretación que recibe 7000 visitas e iso que por o de agora só pode permanecer aberto en festas.

O Termalismo Ourensá tamén é famoso en Bande posto que recibe numerosas visitas ao longo do ano a pesar da escasa sinalización coa que contaba o lugar. Sen embargo, hai unhas semanas, esta situación mellorou e o entorno fíxose máis rechamante para os visitantes. Ademais, contase poder organizar campamentos de verán grazas ao acondicionamento da zona.

A pesar de haber cumprido case todos os seus obxectivos, a José Antonio Armada, quen leva tres reelección por maioría absoluta, quedáronlle materias pendentes si é reelixido nas próximas eleccións.

A casa de Mariluz e a casa do Mestre foron cedidas polos seus propietarios para ser restauradas e entregadas as familias de poucos recursos. Pero, por desgraza, esta obra queda pendente por falta de tempo e presuposto nesta lexislatura. Unha posada turística e a rehabilitación da reitoral de Santa Comba son outras das obras pendentes. Ademais, Armada tamén quería acondicionar un lugar para autocaravanas e crear un aparcamento na zona do centro de interpretación. E, por outra parte, recalcar o déficit de comunicación por infraestruturas co norte de Portugal.

José Antonio Armada pensa seguir nas próximas elección como hasta o de agora: cunha política agresiva e directa. Para el \“Bande está por encima de todo porque eu son un servidor público\”.