martes. 03.10.2023

Na casa do concello de Entrimo recíbenos, no seu despacho, Ramón Alonso López, actual alcalde deste municipio. Ramón foi elixido por maioría absoluto polo PSOE.

A primeira pregunta, e sen dubida a máis complexa de responder, foi a da valoración que fai destes catro anos de lexislatura envolta nunha profunda crises ao que se lle suma o despoboamento.

Segundo Ramón, esta foi unha lexislatura difícil e de supervivencia polos numerosos recortes e os poucos recursos dos que dispón a alcaldía. A consecuencia disto, os obxectivos propostos non se puideron cumprir na súa totalidade. No aspecto turístico, cabe resaltar o forestal , posto que Entrimo conta cun extenso parque forestal que non pode ser explotado. Tamén se quería construír un centro de interpretación pero tampouco foi posible porque non hai subvencións.

O maior logro conseguido segundo Alonso foi manter a dignidade no goberno. Ademais, explica que o seu mandato é de total transparencia, algo do que se enorgullece. A pesar desta situación, o concello ten moitos puntos a favor que se podían aproveitar. A situación xeográfica de Entrimo é estratéxica posto que se podía potenciar para o turismo. Pero ademais, con un pouco de impulso, tamén se lle podía sacar proveito a explotación forestal e gandeira.

En canto as carencias, o alcalde menciona as que forman parte do mundo rural, como por exemplo, as comunicacións e a informática. A escaseza de cobertura dificulta o asentamento da xuventude. Máis ala distes datos, este ano gañaron 12 veciños, aínda que dende hai 20 anos perderon a metade.

De cara as vindeiras eleccións, o programa aínda non está de todo formado, sin embargo, Ramón adiántanos que se volve ser elixido como alcalde intentaría potenciar o turismo mediante moita promoción. Por outro lado, millonaria as infraestruturas para facilitar esa promoción turística. Pero, sen dubida, seguiría co modelo de política que tivo hasta agora: un goberno sinxelo, cercano e transparente.