O alcalde de Trasmiras leva dez anos en política

IMG_7944
O alcalde de Trasmiras leva dez anos en política

Emilio José bota de menos non ter contrincantes que acheguen ideas e solucións

Emilio José Pazos Ojea é o actual alcalde de Trasmiras. É fillo de político e leva involucrado nela dende o 2006. A crises non afectou ao seu goberno, non se debe nada porque reduciuse o persoal do concello.

O principal obxectivo de Trasmiras é que os veciños paguen o mínimo que marque a lei e poder ser capaces de ser sostibles. Neste catro anos centráronse no aforro enerxético do alumeado publico. Emilio José \“gustaríame que vivir en Trasmiras fose atractivo e rentable\”.

Sen embargo, o maior logro aínda está por chegar posto que aumentar a poboación é o seu obxectivo principal para que os xóvenes vexan o concello un lugar idóneo para vivir. Por outro lado, a xubilación en Trasmiras é moi agradable posto que conta coa atención por parte dos servizos sociais.

En canto as materias pendentes, falta o ultimo empuxón do plan xeral para que calquera persoa poida construír unha vivenda e non so os gandeiros. No proxecto propoñen unha zona comercial para manter negocios e un parque empresarial. Aínda así, este é un proceso moi largo co que levan xa seis anos de tramites.

Trasmiras conta con moi boa comunicación grazas a autovía que pasa por este concello. Dende que Emilio está a cargo desta aldea xa van de tres empresas que se instalan no municipio. Aínda así, fáltalle mellorar algunha infraestrutura, apoiar a escola de música que conta con 90 alumnos e construír un pavillón de deportes onde collan todos os que se queiran xuntar.

Outro dos obxectivos tamén é que cada aldea teña un local público para desempeñar actividades diarias. Ademais, gustaríalle que a casa da cultura estivera aberta todos os días, tarefa que non se puido cumprir a causa da crises.

Por ultimo, chegou a hora de falar dos contrincantes. Emilio \”teño unha mala oposición, non proporcionan ideas nin solucions\”. Ao alcalde de Trasmiras gustaríalle que os contrincantes achegaran ideas reais coas que poder contar e que, todos xuntos, conseguirán levar adiante o concello.