A alcaldesa de Lobios cóntanos como foi o seu primeiro mandato

LOBIOS2
A alcaldesa de Lobios cóntanos como foi o seu primeiro mandato

A maior ilusión de María del Carmen é converter Lobios nunha vila termal

O mes de maio é un mes de reflexión tras deixar atrás unha etapa de catro anos de lexislatura. Aproxímanse as seguintes eleccións, todos os alcaldes e alcaldesas preparan a súa posible reelección con moita ilusión.

María del Carmen Yáñez , a alcaldesa de Lobios está a piques de rematar o seu primeiro mandato, aínda que espera que non sexa o último. A súa valoración de esta etapa é positiva posto que logrou xerar confianza entre as empresas asociadas ao concello e os veciños. Todos os exercicios están saneados, \“pagamos a débeda dos exercicios anteriores\”, nos comentaba.

A crises afectou moito ao seu mandato, \“foron os catro peores anos\” posto que notábase moito a crispación na sociedade pola situación económica. Aínda así, logrou cumprir a maioría dos seus obxectivos: mellorar as instalación deportivas e desempeñar actividades culturais coa adecuación dun aulario.

Sen embargo, un dos proxectos pendentes é potenciar o tema termal e mellorar o acceso, con beirarrúas, do balneario do Caldo. María ten como obxectivo potenciar o turismo e converter Lobios nunha vila termal posto que, de toda a península, é onde a auga está máis quente. Ademais, tamén é parque natural, o que o fai aínda máis interesante.

Por outro lado, unha das carencias a resolver se volve ser reelixida seria unha residencia de anciáns para lograr fixar poboación, por un lado xerando novos postos de traballo e tamén por dar a oportunidade a xente maior de quedarse na súa aldea. Aínda que este é o gran problema da Galicia rural, Lobios conta con 16 cativos de entre 0 a 3 anos e, neste ano, previse 16 nacementos mais.

María del Carmen non quere predicir o seu futuro, non sabe se vai a ser reelixida, simplemente nos di:\”confio no criterio da xente, estou a súa disposición\”.