Un ano frutífero e satisfactorio

Jose A. Parente 2
Un ano frutífero e satisfactorio

José A. Parente, fai balanzo do seu primeiro ano como presidente das NN.XX. do partido Popular en Xinzo

Jose A. Parente 2De frutífero, e moi satisfactorio cualifica este ano 2015 para o grupo de amigos que conforman o núcleo \“duro\” (pa traballar a reo e en todo momento), o que levan feito dende as NN.XX do Partido Popular en Xinzo.
Parente é dos que demostra que con un bo equipo, pódese chegar onde un queira, con individualidades, sóoo se pode facer o ridículo.

VARIAS ACTUACIÓNS QUE DERON OS SEUS FROITOS
A primeira delas, remontase a fai o mes que ven un ano coa celebración do 2º torneo solidario de fútbol sala, no que participaron 30 equipos. Precisamente mañá se vai a entrevistar co concelleiro de deportes para poñer en marcha a terceira edición que será, si todo vai ben, o próximo 26 de decembro. Para elo queren e necesitan o apoio da concellería, dos árbitros e das casas comerciais, que na edición anterior, e sobre todo na do verán volcáronse en todo momento.
Esta edición pensa contar con algún equipos sub-15, é loxicamente con equipos femininos.Jose A. Parente 1


A CADEIRA DE RODAS COMPRÁRASE EN XINZO
Outra das campañas solidarias que puxeron en marcha e xa remataron este ano, foi a dos tapóns, para conseguir unha cadeira de rodas para un neno.
Esperan que nas próximas semanas lle entreguen os cartos, e cos mesmos farán a compra nunha das dúas ortopedias de Xinzo. Outra das cousas que ten claro Parente como o seu equipo é que todo o que fan e para Xinzo, por Xinzo, e tódolos beneficios teñen que reverter en Xinzo.


ROUPA, XOGUETES E COMIDA
O próximo 1 de Nadal comezarán una nova campaña denominada \“Un Nadal para todos\” no que o obxectivo é recoller a maior cantidade de roupa, xoguetes e comida que entregarán a Caritas Xinzo, para que fagan eles o reparto. Neste ano esperan superar os 1.500 Kg. De alimentos que lograron o ano pasado.
Loxicamente, non podía faltar a política nesta charla e as próximas eleccións do 20D, nas cales traballarán a reo todos os membros máis de 80 que están afiliados para que o PP de Xinzo, siga a ser o que mellores resultados acade nas vilas de 10.000 habitantes, como nas derradeiras eleccións.