A ARCA DA NÓE, QUE NON DE NOÉ , ATOPASE EN V. DE SANTOS

Fachada exterior da arca da Nóe
A ARCA DA NÓE, QUE NON DE NOÉ , ATOPASE EN V. DE SANTOS
A Nóe, non lle fai falla apelido para ser coñecida e recoñecida Fai pouco mais de 15 días que Vilar de...

A Nóe, non lle fai falla apelido para ser coñecida e recoñecida

Fai pouco mais de 15 días que Vilar de Santos ten un novo establecemento hoteleiro pero con un selo moi especial que lle da a súa propietaria. Traballadora incansable dende sempre, tanto en Ourense como en Santiago, sempre tivo en mente levar ó rural a súa actividade para poder desenrolar cultural e socialmente non solo as cidades e vilas. Dito e feito, despois de analizar outros lugares, decidiu abrir o seu local A ARCA DE NÓE nunha casa restaurada de V. de Santos. Axudado, porque non dicilo, polo propio propietario e cunha inversión importante, abriu o seu local. Éste de momento está sendo adicado a bar con sala de concertos, pero que en breve terá tamén gastronomía. A inauguración foi un grande éxito a cal acudiron mais de 500 persoas . Éxito que moito se debe as redes sociais, das cales Nóe e unha gran esperta. Quere agradecer a toda a xente que a rodea, e que se volcou loxicamente desinteresadamente na súa axuda, e porque non dicilo, tamén o concello e o seu alcalde que puxo todo da súa parte, para que nun tempo record o concello teña outro centro “social”, porque non dicilo. Xa anunciou para o día 23 deste mes de agosto unha actuación, da que daremos conta cando cheguen as datas. Ten na cabeza xa, Nóe, de implementar unha idea de bares de aldea arredor da limia, para facer unha ruta. Noraboa a esta emprendedora, unha mais este ano 2014 na Limia.