Chámase Laura Rodríguez e representa a Limia no LUAR

Aneu,Lili Marlene. Luar 21/10/2016
Chámase Laura Rodríguez e representa a Limia no LUAR

O seu nome artístico é ANEU

Naceu en Ourense, aínda que lle tira moito Xinzo e por suposto Escornabois , onde pasa os veráns na casa cos seus avós. Por todo isto foi escollida para representar no Luar a Ourense sur e como non a Limia.

Esta Limiá vive actualmente na Coruña, onde está a rematar a carreira de Química,o seu primeiro obxectivo, pero non descarta despois da experiencia vivida no programa, dedicarse profesionalmente.

A CULPABLE FOI SUA NAI

aneu 2Como sole acontecer en moitos casos a \“culpable\” de que ANEU este participando no LUAR, foi de súa nai. Sen contar co seu consentimento enviou un dos vídeos que ela tiña gravados ao programa e estes escollérona.

Neste momento a súa participación está en oitavos de final. Agora quédalle cantar 4 veces, unha cada mes. A primeira delas é este venres día 24 de marzo no que lle tocou interpretar a canción \“A CHUVIA\” QUE FOI INTERPRETADA POR PRIMEIRA VEZ NO FESTIVAL DE s.Remo.

A canción , como case todo no programa, escolleuna Gayoso.

ROSA CEDRÓN, é a súa \“adestradora\”

Unha vez que chegas ata aquí, cada interprete busca axudas e el apola súa amizade con Rosa Cedrón, estalle a dar unhas directrices, cousa que loxicamente lle servirán moito para chegar a semifinal.

VOTOS DA XENTE

Pero realmente o que vale no programa, ademais de estar ben puntuada polo xurado, e ter moitos votos dende as casas. Recoñece que a ela levouna ata esta situación os votos da xente, que agradece loxicamente neste momento a todos aqueles que o fixeron, a vez que solicita que o sigan facendo nestes meses que lle quedan de interpretacións no programa para chegar a semifinal.

Laura quere agradecer enormemente todo o que a xente e os medios de comunicación locais están a facer por \“compartir os seus soños\”.