O consultor de persoas máis recoñecido no mundo é de Baltar

eladio
O consultor de persoas máis recoñecido no mundo é de Baltar

Eladio Jardón acaba de gañar o premio "Consultor Revelación" 2016 en Washington

Eladio Jardón natural de Baltar acaba de gañar o premio "Consultor Revelación" 2016 en Washington

Acabas de recibir o galardón \“Consultor Revelación 2016\”, que supón este premio para ti?

Este premio significa o recoñecemento ao esforzo e traballo ben feito, non só por min, senón tamén de todas as persoas que me axudaron no camiño. Na industria política significa o recoñecemento á creatividade e á innovación no sector da consultoría. Para este premio competiamos 140 aspirantes a consultor revelación e deses quedamos cinco, entre os que había un altísimo nivel, polo que foi unha gran sorpresa para min alzarme coa estatuíña.

Como valoras estas experiencia?

Unha experiencia única e emocionante. Na gala de entrega en Washington atopábanse os maiores representantes da comunicación política mundial, cos que tiven a oportunidade de intercambiar opinións, e enriquecer coñecementos. Incluso na cea de gala estaba xente que participou na famosa campaña de Obama.

De que maneira chega un ourensán ata estes, digámolo así, \“óscar\” da política?

Con moito esforzo e dedicatoria, traballando pola democracia e pola cidadanía. Eu sempre digo que non son consultor de políticos senón de persoas, é preciso observar aos cidadáns para coñecer o que demandan. Deste xeito pódese deseñar un plan estratéxico de campaña e goberno. A miñas claves para unha boa campaña política son a humanización e democratización.

Tivo algo que ver a campaña \“CreoenOurense\” non si?

#CreoenOurense foi unha das campañas pola que fun seleccionado como finalista dos Victory Awards. A primeira deseñada para un candidato a presidir una Deputación provincial que encumbrou a Manuel Baltar nos pasados comicios municipais. Desde un principio a intención era vender a marca Ourense polo mundo adiante e facerllo chegar a cidadanía. Estes premios son un espazo que apoia e impulsa o talento político hispano e recoñece as grandes prácticas como esta campaña.

creo

Como foi a cerimonia de entrega do premio ? A quen llo dedicaches ?

Foi un momento moi emocionante, a verdade e que non mo esperaba, foi todo unha sorpresa cando escoitei o meu nome. Nese momento o primeiro que se me veu a cabeza foron os meus pais cos que quixen compartir o premio.

Eres o primeiro español en recibir este recoñecemento?

Así é, nunca antes un español estivera nominado a consultor, así que son o primeiro en conseguir este galardón. Xunto a min competiron polo coñecido \“Óscar\” da industria política catro profesionais procedentes de México,Paraguai, Venezuela e Colombia.

Cambiou algo en ti logo de gañar este certame?

Ganar un premio internacional é un gran reto que supón estar máis preparado para seguir traballando pola democracia no mundo. Este premio marca un punto de inflexión na miña carreira polo tanto defender o Victory con maior esforzo e ilusión son os obxectivos a corto e a longo prazo.

premio

Tes traballado en diversas campañas internacionais, algunha en especial?

Cada campaña é un gran reto, as necesidades e as singularidades son diferentes, polo tanto é preciso un gran traballo para plasmar as demandas da sociedade nun programa de goberno eficiente e eficaz. Cada unha delas é unha experiencia nova co mesmo obxectivo, chegar a cidadanía e que axuden a cambiar a sociedade na que viven.

E agora en que proxectos estás traballando?

Nese momento estamos traballando en moitos países de Latinoamérica e o noso principal obxectivo é seguir influíndo positivamente na democracia. Na actualidade, son o director xeneral do Instituto Internacional de Marketing e Comunicación e o coordinador da asociación de Consultaría Política (Acop Galicia). Continúo asesorando gobernos, partidos políticos e institucións a nivel internacional.