CRECECRECE, DENDE XINZO PARA O MUNDO

crececrece.
CRECECRECE, DENDE XINZO PARA O MUNDO

Cando un problema se convirte nun negocio para as dúas partes

CRECECRECE, xurdiu dunha situación real de todas as familias, que ata agora tiña difícil solución.

Rosa Pelayo e Miguel Romero, veciños de Xinzo , nunca pensaron en poñerse pola súa conta e menos cun negocio de venta online.dúas

A experiencia destes dous emprendedores era que toda roupa que lles regalaban ós seus sobriños por parte de toda a familia, ou non a chegaban a poñer, co cal, quedaba coas etiquetas postas, e no mellor dos casos púñana duas veces. Isto non só estaba pasando na súa familia, se non en todas as casas onde hai rapaces.

A partir deiquí, e con moito ánimo, e poucos coñecementos, comezan a estudar as páxinas de venta de segunda mao, en canto a roupa de pequenos, verlle os seus fallos, os seus inconvenientes e despois duns meses, nace CRECECRECE.

Non tendo coñecementos de marketing o aprendizaxe faise, un pouco , polo método ensaio, erro, bastante custoso, pero moi efectivo o longo.

O máis difícil comenta Miguel é facer tráfico continuo pola súa páxina, para que dos moitos posibles clientes , o tanto por cento que compre vaia aumentando.

O traballo téñeno repartido da seguinte maneira. Rosa é a que se pon en contacto coas persoas que queren vender, e chega o acordo do prezo. Selecciona as pendas unha vez que chegan, segundo sexan novas, de etiqueta, ou pouco usadas e logo chega o traballo de Miguel.

Fotografía prdúasenda por prenda duas veces mínimo, referencia e subida a páxina. Para o tema da fotografía, montou un pequeno estudo fotográfico con consellos de amigos, logrando uns moi bos resultados con pouca inversión, que diso se trataba.

Logo a hora de vender, calquera dos dous leva adiante o proceso.

MAIS DE TRES MIL REFERENCIAS

Nestes momentos xa son mais de 3.000 referencias as que teñen na súa páxina. Aínda son moi poucas posto que de cada referencia só hai unha prenda, dunha talla, e claro que coincida co que quere a clienta. Si case o 100% son clientas, pois non é fácil acertar. O obxectivo e que dentro duns meses se triplique esta cifra.

PROCESO A SEGUIR

Unha clienta ponse en contacto coa nosa páxina e seguindo as instrucións , que son moi sinxelas, xa sabe o que lle vamos a ofrecer pola roupa que ten. Si está de acordo, cubre a súa ficha e nos mandámoslle o transporte de mensaxeríasúas(totalmente gratis) que lle recollera as suas prendas.

Con eses cartos, si os quere recibir, nos ingresámosllos, se non quedan na súa conta, para cando queira comprar produtos da propia páxina.

DO 50 Ó 70% DE DESCONTO

Os artigos que ofertamos con etiqueta, teñen un desconto na páxina entre o 50 e o 70%.

Cando alguén encontra un produto axeitado, recibe o pedido e as 48 horas ten na súa casa a prenda, tendo a oportunidade de se non lle sirve, por calquera circunstancia, pode devolvela, sen custe ningún.

O importante e ser serios cos clientes, para manter unha fidelidade e así aumentar a reputación da páxina, que de momento está moi alta y é o noso obxectivo mantela nese nivel.

COLABORACIÓN CON ONG OU BANCO DE ROUPA

Tamén cando os clientes/as, nos envían roupa que non sirve para nos poder vender explicámoslle si quere que lla devolvamos ou almacenar para entregar a unha ONG. Como sucederon moitas cousas coa roupa que xa non se pode vender, nos faremos entrega da roupa a unha ONG ou banco de roupa local, deixando testemuña na páxina do feito. Xa despois dos seis meses que levamos abertos, xa vamos a facer a primeira entrega de roupa.