Unha deseñadora da Limia presenta a súa colección no Despunte 15 en Compostela

FotoAna
Unha deseñadora da Limia presenta a súa colección no Despunte 15 en Compostela

O desfile está organizado pola escola Mestre Mateo

Ana Belén Ojea ten 28 anos e moitas ganas de despuntar no mundo da moda.FotoAna Naceu en Xinzo de Limia aínda que a maior parte da súa vida pasouna en Andorra. Agora voltou a Galicia para pelear polo seu soño e cursar deseño de moda na escola pública Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. A súa paixón pódese decir que lle ven de familia pois o seu avó era xastre. Leva toda a vida debuxando e ilustrando e agora tanto esforzo e dedicación vaise ver reflexado no desfile que vai ter lugar esta noite na Cidade da Cultura de Compostela. Ana presentará os seus modelos diante do público. Non é a primeira vez que o fai, hai dous anos participou na Galicia Fashion Week cun estilismo.

Para este desfile preparou tres estilismos moi femininos, elegantes e funcionais. "Indeseñostento non separarme do mundo real e da utilidade da moda no mesmo.Busco que os deseños mostren unha muller forte, segura de sí mesma e moi cómoda coa súa vestimenta" apunta Ana Belén. Á hora de crealos inspirouse no movemento minimalista dos anos 60, nos conceptos de verticalidade e os xogos de luces e sombras. Cando traballa defínese como unha persoa tranquila e moi meticulosa.

A súa intención de cara a este desfile é aprender como funciona unha pasarela e ver todo o traballo que hai por detrás. "Si o público recibe positivamente a colección sería un premio engadido á experiencia",sinala.

Entre os asistentes, contará co apoio da súa irmá que lle sirve de inspiración e de modelo para as fotografías. Tamén estará o seu pai e máis familiares e amigos. "A miña nai non pode acudir por motivos de traballo pero sei que sempre me apoia", comenta.

De cara o futuro, Ana Belén aspira chegar a traballar para unha gran empresa internacional da moda e algún día ser directora creativa. Con todo pon os pés na terra e engade que "neste punto, os meus soños aínda os teño todos por cumprir".