Edelmiro Rodríguez un legionario de honra nas listas de Xinzo.

Edelmiro Rodríguez, candidato de VOX a alcaldía de Xinzo
Edelmiro Rodríguez un legionario de honra nas listas de Xinzo.

Pasou unha época de militar en S.Sebastián, vivindo con moita preocupación pola situación, e xusto por esa situación, o 11 de setembro do 2011 decido deixalo.

Aínda que as nosas primeiras conversas, tanto telefónicas como por wasap foron un tanto turvulentas, precisamente na noite anterior a publicación por parte do partido da súa candidatura por Xinzo, a conversa cara a cara con Edelmiro é facil, sobre todo porque é un home cun sorriso facil. El recoñece que coñece pouco Xinzo, pero que está a estudar moito a xente e aprende rápido co que espera que no tempo desta campaña teña unha idea xa moi fixa de como é esta vila, na que traballou preto de dous anos como garda de seguridade na SS.SS, aínda que nunhas condicións moi estrictas, na que ó millo, a imaxe que deu era dunha persoa, seria e un pouco distante, polo uniforme. El confesa que iso solo era a “fachada” que tiña que poñer, e nos damos fe de que durante toda a charla sempre tivo un sorriso na faciana.

Pasou unha época de militar en S.Sebastián, vivindo con moita preocupación pola situación, e xusto por esa situación, o 11 de setembro do 2001 decido deixalo.

Edelmiro Rodríguez Costa, candidato de VOX nas eleccións municipais do 20M por Xinzo, naceu en Camba, no municipio de Laza, aínda que a súa vida nos tres últimos anos, e agora mesmo faina en Xinzo, dende que por motivos familliares achegouse ata aquí e tamén por motivos de traballo sendo garda de seguridade na oficina da Seguridade Social da vila, cousa que fixo que se asentara en Xinzo.

Sempre tiven unha pasión por vir a vivir a Xinzo, dende que miña hirmá se casou nesta terra.

Colaborou co seu hirmán nun negocio de hostalaría, axudando, e despois de ser profesional do exército comezando na Legión pasou logo a Madrid e despois de abandonar o exército, cousa da que agora se arrepinte, estivo traballando no sector da seguridade privada en Barcelona, ata que circustancias familiares o devolven a casa de súa hirmá e enrólsa outra vez no sector da seguridade , como xa se dixo nas oficinas da SS.SS. dende o 21 ata finais do 22, momento en que deciden que xa non é necesario ese servicio. Dende ese momento decide residir definitivamente na nosa vila e polo seu afan e espírito de colaboración decide integrarse nun partido político para levar adiante ese espíritu.

Tamén tivo a etapa de empresario en Barcelona con unha empresa de encofrados, pero a crise fixo que tivera que abandonar.

COMEZOS NO PP

A súa primeira decisión foi enrolarse nas filas do PP, pero despois de algunhas discrepancias, non coas persoas locais, se non cos formas que se escolleron para botar a andar un partido, despois das situacións vividas nestes últimos anos. Despois desta decisión ofrécenlle participar activamente no seu concello natal, Laza, pero a mesma vez coñece a José Troncoso, presidente de VOX en Ourense e candidato a alcaldía de Ourense, conversación que dan como fruto o encabezamento da lista por Xinzo.

SEUS PAIS CON 15 ANOS MARCHARON “A AVENTURA” A ALEMANIA

Da súa vida máis privada comenta que seu abuelo estivo traballando nos túneles do tren a Galicia, morrendo de silicosis e seus pais Seu pai e súa nai casaron con 15 anos e decidiron ir de “aventura” a Alemania cunha maleta nun tren de mercancias, tardando 15 días en chegar ala, eso si, ían con papeles.

Eu fago isto con toda a humildade e pasión e sei como está a política a día de hoxe, fáltame moito por saber, non me gusta facer fotos e criticar, aínda que as veces non se encontra outra maneira de facolo. Como sei ben que o facil é criticar e non implicarse, eu quero poñer o meu grao de area, implicándome e participando activamente.

NON CRITICAR A NINGUÉN

Unha das miñas intencións coas que arranco esta campaña, e mentres dure na política, a miña intención é non criticar a nadie, se non invertir o tempo en facer a miña política.

VEÑO COA INTENCIÓN DE DARLLE UNHA VOLTIÑA A XINZO

Unha das primeiras cuestións nas que vou incidir será na baixada de impostos, se se pode, e se non polo menos conxelalos..Non é normal que se pague o mesmo aquí polo imposto dun coche como en Barcelona.

Tamén hai que facer atractivo en temas de impostos para que a xente se empadrone eiquí e non se marche a outros concellos por ser moito mais baratos.