O alcalde de Lobeira está plenamente satisfeito do seu traballo nesta lexislatura

José Higuero
O alcalde de Lobeira está plenamente satisfeito do seu traballo nesta lexislatura

"A autovía de Celanova non debería haber sido feita posto que con eses cartos era mellor sanear os concellos\”

O actual alcalde de Lobeira, Emilio Higuero, recibiunos na casa do concello para facer balance destes 4 catro anos de lexislatura. Emilio leva 32 anos ao fronte do PP en Lobeira. Para el é un orgullo posto que o feito de levar tanto tempo é como unha homenaxe que o pobo lle fai para felicítalo pola súa labor.

A pesar da crises que sofren todos os concellos, o alcalde fai unha valoración moi positivas destes catro últimos anos posto que, en palabras del, \“fixemos todo o que puidemos e conseguimos todos os obxetivos\”.

O maior logro que se conseguiu nesta etapa, do que está moi orgulloso, é da residencia da terceira idade posto que se construíu co obxectivo de frear a despoboación, un mal que sofren todos os pobos galegos. Lobeira conta con moi pouca poboación e o xeriátrico proporciona a opción de quedarse na súa terra e non ter que marchar por non contar cos servizos que se necesitan.

Outro dos obxectivos cumpridos foi mellorar o alumeado público que tantos cartos se levaba por diante. E, o punto forte que ten o municipio é a Romaría do Viso, que este ano coincide coas eleccións.

A súa materia pendente é a estrada que vai dende Lobeira a Grou. A parte de ser unha carencia coa a que conta o concello, tamén é un obxectivo do alcalde que non se puido cumprir por falta de presuposto. Segundo Higuero, \“a autovía de Celanova non debería haber sido feita posto que con eses cartos era mellor sanear os concellos\”.

En definitiva, Emilio Higuero está moi satisfeito do seu mandato, tanto é así que non se plantea retirarse e nestas eleccións vaise volver a presentar para seguir coa súa labor. Pero, aínda non sabemos cal é o partido seleccionado polo señor Higuero.